Catedral de Reims

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Reims
Cathedral Notre-Dame de Reims, France.jpg
Catedral de nosa señora de Reims
Datos xerais
País Flag of France.svg Francia
Rexión Flag of Champagne-Ardenne.svg Champaña-Ardenas
Tipo Catedral
Advocación Nosa Señora
Coordenadas 49°15′14″N 4°02′03″L / 49.253861111111, 4.0340277777778Coordenadas: 49°15′14″N 4°02′03″L / 49.253861111111, 4.0340277777778
Catalogación Patrimonio da Humanidade (1991) xunto coa antiga abadía de Saint-Remi e o Palacio de Tau, ambos os dous en Reims.
Culto
Culto Igrexa Católica
Diocese Diocese de Reims
Arquitectura
Construción 1211-1275
Estilo gótico
Páxina web [1]

A Catedral da nosa Señora de Reims (en francés: Cathédrale Notre-Dame de Reims), é unha catedral de culto católico romano baixo a advocación da virxe María na cidade de Reims, no departamento de Marne, en Francia, ao nordés do país, a un 160 km da capital estatal, París, é a cabeza da diocese de Reims.

Construída no século XIII, despois das catedrais de París e de Chartres, mais antes das catedrais de Estrasburgo, Amiens e Beauvais. É un dos edificios góticos de maior importancia en Francia, tanto pola súa extraordinaria arquitectura como pola súa riquísima estatuaria. En 1991, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A Catedral de Reims era, no Antigo Réxime, o lugar da consagración dos monarcas de Francia. O derradeiro Rei coroado foi Carlos X, o 28 de maio de 1825.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Catedral de Notre-Dame de Reims