Lista de monarcas de León
O reino medieval de León tivo a súa orixe na transferencia da capital do reino de Asturias de Oviedo para a cidade de León, nos tempos de Afonso III de Asturias. Máis tarde, por súa morte, este rei dividiu o seu reino entre os seus tres fillos: Froila II gobernou nas Asturias, Ordoño II en Galicia, e García I en León; polas súas mortes sucesivas, todos virían a reinar sobre o reino de León.
Entidade hexemónica, por algúns períodos de tempo o reino de León se dividiu noutros varios reinos (Castela, Galicia e Portugal), para despois se volver a unificar (excepto Portugal, que non mais volveu á súa órbita); extinguiuse en 1230, cando foi definitivamente absorbido por Castela; desde entón os reis daquel reino foron tamén reis de León.
Índice
Dinastía Asturo-leonesa ou Pelaxiana (866-1037)[editar | editar a fonte]
Imaxe | Nome | Reinado |
---|---|---|
![]() |
García I | 910 – 914 |
![]() |
Ordoño II [1] | 914 – 924 |
Froila II o Leproso [2] | 924 – 925 | |
Afonso Froilaz [3] | 925 – 926 | |
![]() |
Afonso IV o Monxe | 926 – 931 |
![]() |
Ramiro II el Grande | 931 – 951 |
![]() |
Ordoño III | 951 – 956 |
![]() |
Sancho I o Craso [4] | 956 – 958 |
![]() |
Ordoño IV o Mau | 958 – 960 |
![]() |
Sancho I o Craso [5] | 960 – 966 |
![]() |
Ramiro III | 966 – 985 |
![]() |
Bermudo II o Gotoso | 985 – 999 |
![]() |
Afonso V o Nobre [6] | 999 – 1028 |
![]() |
Bermudo III | 1028 – 1037 |
Sancha de León [7] | 1037 – 1065 |
[editar | editar a fonte]
Despois de derrotar as tropas leonesas e da morte do rei Bermudo III, Fernando I, que xa era rei de Castela (que se autonomizara de condado en reino chefiado polos reis de Navarra), accedeu ao trono de León; o seu dereito fundamentábase no casamento con Sancha, irmá de Bermudo; trátase da primeira unificación dos tronos de León e Castela.
Imaxe | Nome | Reinado |
---|---|---|
![]() |
Fernando I o Magno | 1037 – 1065 |
![]() |
Sancho II o Forte | 1065 – 1072 |
![]() |
Afonso VI o Bravo | 1072 – 1109 |
![]() |
Urraca I | 1109 – 1126 |
Dinastía da Borgoña (1126-1230)[editar | editar a fonte]
Imaxe | Nome | Reinado |
---|---|---|
![]() |
Afonso VII o Emperador | 1126 – 1157 |
![]() |
Fernando II | 1157 – 1188 |
![]() |
Afonso IX | 1188 – 1230 |
Após a morte de Afonso IX, o seu fillo Fernando, xa rei de Castela (herdanza materna), herdou tamén a coroa de León, a pesar do seu pai o ter desherdado en favor das fillas Sancha e Dulce. Polo acordo de paz firmado por mediación da súa nai, Santa Teresa de Portugal, estas renunciaron ao trono en favor do medio-irmán; foi entón que se deu a unificación definitiva das coroas de León e Castela, manténdose embora os privilexios, foros e costumes propios de cada reino en separado.
Dinastía da Borgoña (restauración: 1284-1285 e 1296-1301)[editar | editar a fonte]
Xurdiron aínda novas tentativas de autonomizar o vello reino de León. O sucesor de Fernando III, o célebre Afonso X, o Sabio, desherdou en 1282 o seu segundo fillo (o futuro Sancho IV de Castela), con quen se puxera a mal, atribuíndo ao neto que tivera do seu fillo mais vello, Fernando de Lacerda, a coroa de Castela, e ao seu fillo terceiro, Xoán de Castela, a coroa de León. Por morte do rei, Sancho fíxose coroar, contra o estabelecido en testamento, rei de León e Castela, e o seu irmán Xoán declarase rei de León. Con todo, Sancho domina a situación, e só despois da súa morte, o infante D. Xoán, aproveitando a menoridade de Fernando IV de Castela, goberna de facto León como reino autónomo.
Dinastía de Lencastre (1371-)[editar | editar a fonte]
Após o asasinato do rei Pedro I de Castela, o último membro da dinastía da Borgoña, e a subida ao trono do Trastámara, Henrique II de Castela, o duque de Lencaster Xoán de Gaunt casou con unha filla daquel, Constanza, e xulgouse con pretensións ao trono; foi aclamado rei por algúns nobres leoneses, mais a aceptación non foi total.
A lista prosegue con Lista de monarcas de Castela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tamén rei de Galicia (910-924)
- ↑ Tamén rei de Asturias (910-925)
- ↑ Reinado contestado; foi deposto por unha conxura dos seus primos Afonso IV de León; Sancho Ordoñez e Ramiro II, fillos de Ordoño II.
- ↑ (1.ª vez: 956-958)
- ↑ (2.ª vez: 960-966)
- ↑ O primeiro a usar o título de rei de Castela (como Afonso V de Castela)
- ↑ irmá de Bermudo III, casada con Fernando, primeiro rei de Castela; era de jure a raíña de León, como o comproban as crónicas da época
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Listas de monarcas dos reinos cristianos da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- CEBRIÁN, Juan Antonio. La cruzada del sur. (2003). Ed. La esfera de los libros