Modesto Lafuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modesto Lafuente
Modesto Lafuente.jpg
Retrato de Modesto Lafuente y Zamalloa (gravado do ano 1877 (como mínimo, porque se dispón dunha edición de "a historia", dese ano, de Montaner e Simón, Editores) en "Ilustración de Historia general de España por Modesto Lafuente.", Biblioteca Nacional de España)
Nome de nacemento Modesto Lafuente y Zamalloa
Nacemento 25 de outubro de 1806
Lugar Rabanal de los Caballeros, Palencia
Falecemento 25 de outubro de 1866
Lugar Madrid
Soterrado San Lorenzo and San José graveyard
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Valladolid
Ocupación xornalista, historiador e escritor
Premios Grand Cross of the Order of Isabella the Catholic
editar datos en Wikidata ]

Modesto Lafuente y Zamalloa, nado en Rabanal de los Caballeros (Palencia) o 1 de maio de 1806 e finado en Madrid o 25 de outubro de 1866, foi un xornalista, historiador e escritor satírico castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nos seminarios de León e Astorga, e teoloxía na Universidade de Valladolid. Cambiou a carreira eclesiástica pola política desde 1837 en León. Liberal progresista, fundou nesta cidade o periódico Fray Gerundio (1837), que proseguiu logo en Madrid até 1849 cunha interrupción entre 1843 e 1848. Desde el, difundiu as ideas de liberdade e progreso. Gozou de enorme fama en toda España, especialmente polas súas «Capilladas» satíricas sobre personaxes e costumes. Desde 1854 traballou a favor de Leopoldo O'Donnell e a Unión Liberal. En 1856 foi nomeado director da recentemente creada Escola Superior de Diplomática. Morreu no ano 1866e aínda que foi enterrado en Madrid, en 1971 os seus restos foron trasladados en 1971 á Localidade de Mayorga (Valladolid). Condecorado coa Gran Cruz de Isabel La Católica, foi membro da Real Academia de la Historia. Na Real Academia de la Lengua Española, pode verse un dos poucos retratos que del se conservan.

Obra[editar | editar a fonte]

Á parte de crear o seu xornal, Modesto Lafuente é lembrado pola súa monumental Historia General de España (1850-1867) en vinte e nove volumes, que continuou Juan Valera. Considerada a obra paradigmática da historiografía nacionalista española de corte liberal do oitocentos, supuxo a superación definitiva da antiga historia de Juan de Mariana e, tendo por obxectivo a creación da conciencia nacional española[1], sendo aínda hoxe moitos dos seus mitos de vixencia actual.

Outras obras súas son Viaje de Fray Gerundio por Francia, Bélgica, Holanda y orillas del Rin (1842), con interesantes noticias de viaxe, Teatro social del siglo XIX (1846), de rumbo costumista e satírico; Viaje aerostático (1847), sátira política sobre Europa, e La cuestión religiosa (1855), defensa da unidade católica española.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Roberto López Vela, "De Numancia a Zaragoza. La construcción del pasado nacional en las historias de España del ochocientos", en R. García-Cárcel (ed.), La construcción de las historias de España, pp. 195-299

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pérez-Bustamante de la Vega, Ciriaco (1967). Primer centenario de la muerte de Don Modesto Lafuente discurso leído en la junta solemne conmemorativa del 29 de enero de 1967 por Ciriaco Pérez Bustamante, Madrid: Imprenta y Editorial Maestre.
  • Ricardo Navas Ruiz: El Romanticismo español. Madrid: Cátedra, 1982 (3ª ed.).
  • Lafuente, Modesto (2002). Historia general de España desde los tiempos más remotos hasta nuestros días : discurso preliminar; edición de Juan-Sisinio Pérez Garzón, Pamplona : Urgoiti. ISBN 84-932479-5-2.
  • García Cárcel, Ricardo (2004). La construcción de las historias de España, Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-95379-80-5.