Saltar ao contido

Marcelino Domingo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcelino Domingo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1884 Editar o valor en Wikidata
Tortosa, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor en Wikidata
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
19 de xullo de 1936 – 19 de xullo de 1936
← Francisco Barnés Salinas (pt) TraducirFrancisco Barnés Salinas (pt) Traducir →
Deputado nas Cortes republicanas

22 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Tarragona (en) Traducir
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
19 de febreiro de 1936 – 13 de maio de 1936
← Filiberto Villalobos (pt) TraducirFrancisco Barnés Salinas (pt) Traducir →
Ministro da agricultura (pt) Traducir
12 de xuño de 1933 – 12 de setembro de 1933
← sen valor – Ramón Feced Gresa (en) Traducir →
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España
17 de decembro de 1931 – 12 de setembro de 1933
← sen valor – José Franchy y Roca →
Deputado nas Cortes republicanas

4 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Tarragona (en) Traducir
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
14 de abril de 1931 – 17 de decembro de 1931
← José Gascón y Marín (en) TraducirFernando de los Ríos (pt) Traducir →
Deputado das Cortes
18 de maio de 1923 – 15 de setembro de 1923
Circunscrición electoral: Tortosa
Deputado das Cortes
24 de abril de 1914 – 2 de outubro de 1920
Circunscrición electoral: Tortosa
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, escritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoRepublican Nationalist Federal Union (en) Traducir
Partido Republicano Radical Socialista
Partido Republicano Radical Socialista Independiente
Catalan Republican Party (en) Traducir
Republicà Autonomist Bloc (en) Traducir
Izquierda Republicana Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsPedro Domingo y Sanjuán Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteQ122834026 Traducir, (sec:Don Marcelino Domingo, p.226-227) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX993817

Marcelino Domingo Sanjuán, nado en Tarragona o 26 de abril de 1884 e finado en Tolosa (Francia) o 2 de marzo de 1939, foi un mestre, xornalista e político español. Participou en varios gobernos de esquerdas durante a Segunda República. É especialmente coñecido por ser o promotor da Lei de Reforma Agraria.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu e creceu en Tarragona, onde obtivo o título de mestre en 1903. Ese ano trasladouse a Tortosa, onde empezou a exercer a docencia e entrou en contacto cos ambientes republicanos.

Inicio a carreira en 1909, cando foi elixido concelleiro republicano de Tortosa. A súa influencia nos círculos republicanos consolidouse coa súa entrada no Consello Xeral da Unión Federal Nacionalista Republicana (UFNR), e a súa posterior elección como deputado en Cortes, nas eleccións de 1914.

A súa actividade política foi en aumento durante a Restauración e a ditadura de Primo de Rivera. Entre 1914 e 1923 foi elixido sucesivamente como deputado das Cortes da Restauración, case sempre pola provincia de Tarragona[1]. Participou na creación do Bloc Republicà Autonomista (BRA) en 1915, que despois evolucionou cara ao Partit Republicà Català en 1917. Foi un dos protagonistas da Asemblea de Parlamentarios e da preparación da folga xeral revolucionaria impulsada en 1917 polo PSOE e a UGT, entre outros. Domingo foi o principal propulsor da proposta de autonomía para Cataluña, rexeitada polas Cortes monárquicas en 1918, e impulsou tamén a efémera plataforma republicana Alianza de Izquierdas (1921-1923), na que se integrou o PSOE.

Militou no Partido Republicano Radical ata 1929. Nese ano encabezou a escisión do sector máis progresista, que fundou o Partido Republicano Radical Socialista. Como líder deste partido foi Ministro de Instrución Pública nos gobernos republicanos até a aprobación da Constitución da II República (de abril a decembro de 1931). Nos gobernos de esquerdas que seguiron até as eleccións de 1933 foi Ministro de Agricultura. Desde este cargo impulsaría a Lei de Reforma Agraria, elevada a Cortes a finais de marzo de 1932 e aprobada finalmente o 9 de setembro dese ano[2].

Participou en 1934, xunto con Manuel Azaña (Acción Republicana) e Santiago Casares Quiroga (ORGA), na creación de Izquierda Republicana. Repetiu como ministro de Instrución Pública durante o bienio esquerdista e no primeiro goberno da Fronte Popular.

  • En la calle y en la cárcel, 1921.
  • La isla encadenada, 1923.
  • El burgo podrido, 1924.
  • Autocracia y democracia, 1926.
  • On va Catalunya?, 1927.
  • Libertad y autoridad, 1928.
  • Una dictadura en la Europa del siglo XX, 1929.
  • ¿A dónde va España?, 1930.
  • ¿Qué espera el rey?, 1930.
  • La escuela en la República, 1932.
  • La experiencia del poder, 1934.
  • La Revolución de Octubre, 1935.
  • Homenaje a D. Marcelino Domingo Primer ministro de Instrucción Pública de la República Española, 1936.
  1. "CONGRESO DE LOS DIPUTADOS - HISTORICO DE DIPUTADOS 1810-1977". Arquivado dende o orixinal o 07/03/2016. Consultado o 13/02/2020. 
  2. Cobo Romero, Francisco; González Calleja, Eduardo; Martínez Rus, Ana; Sánchez Pérez, Francisco (2015). La Segunda República Española. Pasado & Presente. p. 109 e ss. ISBN 9788494313974. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carod-Rovira, Josep-Lluís: Marcel·lí Domingo (Tarragona 1884-Tolosa 1939): de la escuela a la República. Tarragona: Ediciones El Médol, 1990.
  • Marcel·lí que torna. Tortosa: Amigos del Ebro; Tarragona: Autoridad Portuaria de Tarragona, 1995.
  • Pujadas Martí, Xavier: Marcel·lí Domingo i el marcel·linisme. Barcelona: Publicacions de la Abadía de Montserrat, 1996.
  • Rius i Barberà, Aurora: Marcel·lí Domingo i Sanjuan : Tarragona 1884 - Tolosa de Llenguadoc 1939." A: 20 Tarraconeses del siglo XX. Tarragona : Diario de Tarragona, 1987.
  • Sànchez Cervelló, Josep: Marcel·lí Domingo i Sanjuan: Un llegat cristal·lí per a la República i per a Catalunya, a: Cuatro líderes tarraconenses de la República y el exilio. Tarragona: Arola Editors, 2007.
  • Subirats Piñana, Josep: Marcel·lí Domingo per ell mateix. Barcelona: Columna, 1995.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]