Rosa Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Rosa Aguilar
Rosa Aguilar 2015 (cropped).jpg
Nome completo Joaquina Rosa Aguilar Rivero
Nacemento 7 de xullo de 1957
  Córdoba
Nacionalidade España
Educada en Universidade de Sevilla
Ocupación política
Premios Grand Cross of the Order of Charles III e Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio
editar datos en Wikidata ]

Rosa Aguilar Rivero, nada en Córdoba en 1957, é unha política andaluza, foi ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de España entre os anos 2010 e 2011

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en dereito, entrou en política da man do Partido Comunista de España e de Izquierda Unida, concelleira en Córdoba desde 1987 ata 1991. Deputada no Parlamento de Andalucía substituíndo a Julio Anguita (1990-1993), deputada no Congreso dos Deputados (1993-1996). En 1999 accedeu á alcadía de Córdoba grazas a un pacto co PSOE, no ano 2003 revalidou o seu mandato, xa sen precisar pacto ningún.

Crítica con algunhas posturas de IU, como a entrada de Ezker Batua no goberno vasco ou a negativa de IU á Constitución Europea, en 2009 accedeu como independente a ser conselleira de Obras Públicas na Xunta de Andalucía, o que espertou grandes críticas entre os membros do seu partido, que non tiña asinado ningún pacto co Partido Socialista Obrero Español. En 2010 foi nomeada por José Luis Rodríguez Zapatero ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, en substitución da galega Elena Espinosa.


Predecesor:
Rafael Merino
 Alcaldesa de Córdoba 
19992009
Sucesor:
Andrés Ocaña
Predecesor:
Luis García Garrido
 Conselleira de Obras Públicas de Andalucía 
20092010
Sucesor:
Josefa Cruz Villalón
Predecesor:
Elena Espinosa
 Escudo de España.svg
Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño
 
2010 - 2011
Sucesor:
Miguel Arias Cañete