Saltar ao contido

Carlos Arias Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Arias Navarro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Mingorrubio - O Pardo Editar o valor en Wikidata
Presidente do Goberno de España
31 de decembro de 1973 – 1 de xullo de 1976
 Torcuato Fernández-MirandaAdolfo Suárez 
Ministro de Gobernación
9 de xuño de 1973 – 31 de decembro de 1973
 Tomás Garicano Goñi (pt) TraducirJosé García Hernández 
Procurador nas Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
 Tomás Garicano Goñi (pt) Traducir, Luis Carrero BlancoJosé García Hernández, Miguel Ángel García-Lomas 
Procurador nas Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador nas Cortes
27 de abril de 1965 – 15 de novembro de 1967
 José Finat y Escrivá de Romaní
Alcalde de Madrid
5 de febreiro de 1965 – 12 de xuño de 1973
 José Finat y Escrivá de RomaníMiguel Ángel García-Lomas 
Director xeral de Seguridade
25 de xuño de 1957 – 5 de febreiro de 1965
 Rafael Hierro Martínez
Procurador nas Cortes
14 de maio de 1955 – 15 de xullo de 1957 – Manuel Valencia Remón (en) Traducir 
Procurador nas Cortes
15 de outubro de 1954 – 13 de abril de 1955
 Luis Valero Bermejo (en) Traducir
Gobernador civil de Navarra

 Luis Valero Bermejo (en) Traducir
Gobernador civil da provincia de Santa Cruz de Tenerife
Gobernador civil da provincia de León
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid
Universidade Complutense de Madrid
Instituto Cardenal Cisneros Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1977–1989)
Falange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMarqués (1976–) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 77994 BNE: XX836000 Find a Grave: 179944788 Arquivo Histórico de Deputados: 8230 Editar o valor en Wikidata

Carlos Arias Navarro, nado en Madrid o 11 de decembro de 1908 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1989, foi un avogado e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Funcionario do Ministerio de Xustiza en 1929 e avogado fiscal en Málaga e Madrid, aproximouse ao bando dos sublevados durante a guerra civil española. Durante a guerra exerceu de fiscal dos nacionais en Málaga, sendo coñecido co alcume de "El carnicerito de Málaga", debido á súa responsabilidade en miles de asasinatos "legais". Gobernador civil de León (1944), e posteriormente en Tenerife e Navarra. En 1957 foi nomeado director xeral de Seguridade, ata que en 1965 chegou a alcalde de Madrid, ao tempo que era procurador en Cortes polo terzo de municipios e tamén conselleiro nacional do Movimiento. En xuño de 1973 ocupou o posto de ministro de Gobernación.

Ao pouco, o asasinato do presidente do goberno, o almirante Carrero Blanco, supuxo o seu nomeamento como o seu sucesor. Pretendeu seguir o que se deu en chamar espírito do 12 de febreiro, tímida apertura do réxime sen perder as súas características fundamentais, pero aínda estas tímidas medidas tiveron o rexeitamento do sector coñecido como o búnker (os sectores máis conservadores do franquismo). Como presidente do goberno, foi o encargado de anunciar na televisión o falecemento de Francisco Franco[1].

Trala morte do ditador, o rei Xoán Carlos I depositou a súa confianza nel e converteuse no primeiro presidente do goberno da monarquía, pero a súa insistencia en preservar o legado franquista propiciaron o seu cesamento o 1 de xullo de 1976. Ó día seguinte o rei concedeulle o título de marqués de Arias Navarro.

Nas primeiras eleccións democráticas incorporouse a Alianza Popular, foi candidato ó Senado sen conseguir ser elixido e desde entón estivo retirado da política activa.

  1. ""Españoles... Franco ha muerto" - RTVE.es" (en castelán). 2008-10-10. Consultado o 2021-02-21.