Diego Martínez Barrio
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Diego Martínez Barrio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de novembro de 1883 e 1883 |
Lugar de nacemento | Sevilla |
Falecemento | 1 de xaneiro de 1962 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | cemiterio de San Fernando en Sevilla e Saint-Germain-en-Laye |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, xornalista e industrial |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Diego Martínez Barrio, nado en Sevilla en 1883 e finado en París en 1962, foi un político español
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De procedencia humilde, pois era fillo dun albanel e unha vendedora de mercado, comezou a súa vida política no anarquismo e despois moderou as súas ideas, converténdose nun dos animadores do republicanismo local, concelleiro en Sevilla e membro do Partido Republicano Radical. Participou no Comité Revolucionario (1930) e foi ministro de comunicacións no goberno provisorio tras proclamarse a II República española (14 de abril - 15 de decembro de 1931), e voceiro da minoría radical no Congreso dos Deputados. Tras entrar en crise o goberno Azaña, foi ministro de Gobernación no primeiro goberno de Alejandro Lerroux, apenas un mes, xa que o 9 de outubro de 1933 foi nomeado presidente do Consello de Ministros coa única intención de convocar eleccións, que lle deron a vitoria ao centro dereita e Martínez Barrio pasou a ocuparse do Ministerio da Guerra (16 de decembro de 1933 - 28 de abril de 1934). Enfrontado coa política reaccionaria de Lerroux, abandonou o partido, fundando Unión Republicana, da que foi o seu líder.
Posteriormente, integrada a Unión Republicana na Fronte Popular, Martínez Barrio foi elixido Presidente das Cortes e exerceu de forma interina como Presidente da Segunda República Española, no período comprendido entre o 7 de abril e o 10 de maio de 1936, con motivo da destitución de Niceto Alcalá-Zamora.
Na noite do 18 ao 19 de xullo de 1936, Manuel Azaña, trala dimisión de Santiago Casares Quiroga, encargoulle formar goberno para intentar deter a sublevación que daría orixe á guerra civil española pero, fracasado o seu intento, presentou a dimisión, durando o seu goberno só 3 horas. Foi entón substituído por José Giral.
Tras a caída da República exíliase, primeiro a Francia, e foi presidente interino da República tras a renuncia de Azaña, o 27 de febreiro de 1939. Posteriormente pasou a México, onde en 1945 foi designado Presidente da República no exilio ata a súa morte. Finalmente volve a París, onde morre. Trinta e oito anos máis tarde, no 2000, os seus restos serían trasladados a Sevilla, a súa cidade natal.