Saltar ao contido

Lira italiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lira italiana †
Lira italiana en italiano
Código:ITL
Ámbito:Italia Italia
Cidade do Vaticano
San Marino
Símbolo:₤, £, L
Fracción:100 centésimi
Moedas:1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 ITL
Billetes:1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 50.000, 100.000, 500.000 ITL
Emisor:Banco de Italia
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 1936,27 ITL
Oficial até o 28-02-2002

A lira italiana (en italiano: lire) foi a moeda oficial de Italia desde 1861 ata o ano 2002. Entre 1999 e 2002 coexistiu co euro, sendo substituída definitivamente por este. A taxa de cambio fixa final foi de 1 euro = 1 936,27 liras italianas (ITL).

A lira tamén foi a moeda oficial do Reino Napoleónico de Italia entre 1806 e 1814. O termo provén do valor do peso físico dunha libra de prata de alta pureza, gardando unha directa relación coa libra esterlina; nalgúns países, como Chipre e Malta, as palabras liras e libra foron empregadas como se fosen sinónimos, antes de que o euro fose aprobado no 2008 naqueles países.

40 liras italianas napoleónicas do Reino de Italia.

A lira data desde antes de Carlomagno. Ao igual que a libra esterlina, representaba unha libra peso de prata, e equivalía a 20 soldi o 240 denari. Antes da unificación italiana, moitos dos estados italianos xa empregaban a lira coma a súa moeda oficial.

No ano 1807, o Reino Napoleónico de Italia, que ocupaba o norte da actual Italia, presentou á lira como a súa moeda. Ao igual que o franco francés, estaba dividida en 20 soldi ou 100 centesimi. Esta lira estivo en circulación ata que o reino caeu en 1814.

Moeda de 500 liras de 1960, República Italiana. Prata de 835 milésimas.

Trala creación do Reino de Italia baixo o goberno de Vítor Manuel II en 1861, unha lira estableceuse en, 4,5 gramos de prata ou 290,322 miligramos de ouro. Isto foi unha continuación directa das liras empregadas no Reino de Sardeña. Outras moedas que substituíron a lira italiana foron o florín da Lombardía, a piastra de Dúas Sicilias, o florín de Toscana, o escudo do Vaticano, e as liras de Parma. No 1865, Italia formou parte da Unión Monetaria Latina, establecéndose unha igualdade entre o seu valor e o do franco francés, o franco suízo e o franco belga.

A primeira guerra mundial acabou coa Unión Monetaria Latina, traducíndose isto nun aumento dos prezos en toda Italia. A inflación foi freada polo xefe do estado e ditador Benito Mussolini, quen o 18 de agosto de 1926, estableceu que o tipo de cambio entre as liras e a libra esterlina sería de £1 = 90 liras, aínda que a taxa de cambio real estivera próxima ás 140-150 liras por libra. En 1927 un dólar estadounidense equivalía a 19 liras. Este cambio perdurou ata 1934, cunha taxa de cambio separada para os turistas, de US$1 = 24,89 liras. No ano 1939, o cambio oficial foi de 19,8 liras por dólar. Logo da invasión dos aliados a Italia en xuño do 1943, o tipo de cambio fixouse en US$1 = 120 liras (1 libra esterlina = 480 liras), reducido a 100 liras ao mes seguinte. Nas zonas ocupadas por Alemaña, o tipo de cambio fixouse en 1 marco = 10 liras. Ao rematar a guerra, o valor da lira flutuou, ata fixarse en US$1 = 575 liras dentro do sistema Bretton Woods en novembro de 1947. O 21 de setembro de 1949 foi depreciada a 625 liras por dólar. Esta taxa mantívose ata o final do sistema Bretton Woods na década de 1970. Nos anos seguintes sucedéronse varios episodios inflacionistas até que a lira foi substituída definitivamente polo euro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]