Vítor Manuel II de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Vítor Manuel II de Italia
Vittorio Emanuele II ritratto.jpg
Nacemento 14 de marzo de 1820
  Turín
Falecemento 9 de xaneiro de 1878
  Roma
Soterrado Panteón de Roma
Nacionalidade Reino de Italia
Relixión Igrexa católica e catolicismo
Ocupación político
Pai Carlos Alberto da Sardenha
Nai Maria Teresa da Áustria
Cónxuxe Adelaide de Habsburgo e Rosa Vercellana
Fillos Amadeo I de España, Maria Clotilde de Saboia, Humberto I, Otão de Saboia, Maria Pia de Saboia, Emmanuel Guerrieri de Mirafiori e Donato Etna
Irmáns Fernando de Saboia
Premios Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Medalha Militar, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André, Ordem da Anunciação, Ordem de Mérito Civil de Saboia, Orde da Xarreteira, sen etiquetar, Ordem do Serafim, Ordem do Elefante, Royal Order of Kamehameha I, sen etiquetar e Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus
VittorioEmanueleII.signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Vítor Manuel II, (en italiano Vittorio Emanuele II), nado en Turín o 14 de marzo de 1820 e finado en Roma o 9 de xaneiro de 1878 foi o derradeiro rei do Reino de Sardeña e o primeiro Rei de Italia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de Carlos Alberto I, Rei de Cerdeña e de María Tereixa de Austria, Princesa da Toscana. Durante o reinado do seu pai Carlos Alberto, os reinos de Sardeña e Piamonte foron unificados. Carlos Alberto foi á guerra en 1848 contra o Imperio Austríaco (que gobernaba a meirande parte do norte de Italia), pero foi derrotado na Batalla de Novara ó ano siguinte. Carlos Alberto abdicou e o seu fillo Vítor Manuel conveteuse en rei de Piamonte-Cerdeña o 24 de marzo de 1849.

Baixo o seu mandato, e debido ás habilidades do seu ministro, o Conde de Cavour, o Reino de Cerdeña creceu ata incluír toda Italia (1860-1870), polo proceso da Unificación italiana. O Reino de Cerdeña converteuse no Reino de Italia en marzo de 1861. Polo feito de ser o primeiro rei dunha Italia unida pola súa popularidade, Vítor Manuel II recibiu o alcume de "Padre della Patria". Nun esforzo por manter a o súa continuidade dinástica, e a pesar de ser o primeiro Rei de Italia, o soberano conservou o número "II" ordinal baixo o que gobernara o seu pai como Rei de Cerdeña. Esta decisión xerou incomodidade nos recentemente unificados territorios do sur.

Algúns dos seus obxectivos foron a industrialización; efectuar unha reforma económica cun novo sistema fiscal e mellorar as relacións exteriores, usando a diplomacia para facer aliados. Vítor Manuel II foi excomungado pola Igrexa católica despois de que exército italiano tomara Roma en 1870 e o papa Pío IX tivese que retirarse ó Vaticano.

O seu fillo varón Amadeo, sería Rei de España por un breve período de a penas dous anos entre 1870 e 1873, e pasaría a lista de reis españois baixo no nome de Amadeo I.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]