Leopoldo I, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leopoldo I do Sacro Imperio Romano Xermánico
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Rei de Hungría e Bohemia, Arquiduque de Austria
Kaiser-Leopold1.jpg
Leopoldo I en Viena.

18 de xullo de 1658 - 5 de maio de 1705
Predecesor Fernando III
Sucesor Xosé I
Nacemento 9 de xuño de 1640
Viena, Austria
Falecemento 5 de maio de 1705
(64 anos)
Viena
Consorte Margarida Tereixa de España
Claudia Felicidade del Tirol
Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo
Descendencia véxase Matrimonios e fillos
Casa Real Casa de Habsburgo

Escudo de Leopoldo I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Leopold I signature.jpg

Leopoldo I de Habsburgo, nado en Viena o 9 de xuño de 1640 e finado na mesma cidade o 5 de maio de 1705). Foi Rei de Hungría desde 1655 e de Bohemia un año despois, Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1658. Era fillo de Fernando III e da súa primeira muller María Ana de España, filla do Rei Filipe III de España. Como Rei de Hungría reunificou as tres partes do reino (que estivo cerca de 150 anos dividido trala invasión otomá) logo de expulsar aos turcos, asunto que ratificou coa Paz de Karlowitz de 1699.

Matrimonios e fillos[editar | editar a fonte]

Casou en 1666 con Margarida Tareixa de España (1651-1673), filla do seu tío materno, o rei Filipe IV de España e da súa irmá Mariana de Austria.

Margarita e Leopoldo I foron pais de catro fillos:

Trala morte de Margarida, casou en segundas nupcias con Claudia Felicidade do Tirol (1653-1676) no ano 1674. Era filla do conde Fernando Carlos do Tirol e de Ana de Médicis e neta do conde Leopoldo V.

Foron pais de dúas fillas:

Por último esposou a Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo (1655-1720) en 1676.

Foron pais de 10 fillos:

Leopoldo sufría dunha enfermidade conxénita caracterizada por ter o labio inferior lixeiramente caído, o que lle ganou o alcume entre os seus inimigos de "Leopoldo, boca de camelo". Sucedeuno o seu fillo Xosé .