Till Lindemann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTill Lindemann

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Leipzig, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
República Democrática Alemá Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , músico , compositor , compositor de cancións , poeta , escritor , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoNeue Deutsche Härte e Metal industrial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
TesituraBaixo-barítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz e Batería Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoMotor Music (pt) Traducir
Warner Music Central Europe (en) Traducir
Kontor New Media GmbH (en) Traducir
Vertigo
Universal Records
Rammstein (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNele Lindemann (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiWerner Lindemann (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0511570 Allocine: 482584
Facebook: tilllindemann Instagram: till_lindemann_official Youtube: UCbQporZxQlCjFDcxrWUX7BA Spotify: 2a5G7JLmVJNjfFNg8rwLcP Last fm: Till Musicbrainz: f71f8e0d-c109-4a50-9826-2559981d915e Discogs: 506668 Allmusic: mn0000575027 Deezer: 4403788 Genius: Till-lindemann Editar o valor em Wikidata

Till Lindemann, nado o 4 de xaneiro de 1963 en Leipzig, antiga República Democrática Alemá, é un cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán. É moi coñecido por ser o vocalista principal e líder da banda alemá de Neue Deutsche Härte Rammstein. Destaca pola súa complexión física, actuacións escénicas únicas (incluíndo o uso da pirotecnia e un movemento específico coñecido como "The Till Hammer"), e a súa voz de baixo. Tamén é coñecido polas súas letras, algunhas das cales causaron polémica. En todo o mundo, Rammstein vendeu máis de 45 millóns de discos, con cinco dos seus álbums recibindo o disco de platino.

Lindemann foi incluído entre os "50 mellores homes do metal de todos os tempos" por Roadrunner Records. As súas inquedanzas artísticas motiváronno a aparecer nalgunhas películas en papeis menores, e en escribir e publicar dous libros publicados de poesía, un titulado "Messer" (2002) e o outro "In stillen Nächten" (2013). Do mesmo xeito, ten presentados algúns dos seus poemas e guións orixinais en galerías.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Lindemann naceu en Leipzig entón Alemaña Oriental e creceu na aldea de Wendisch-Rambow, en Mechlemburgo-Antepomerania;[1] é fillo do poeta infantil Werner Lindemann e da xornalista e escritora Brigitte Hildegard "Gitta" Lindemann, quen traballou para Norddeutscher Rundfunk de 1992 ata a súa retirada en 2002.[2] Os seus pais coñecéronse nunha conferencia en Bitterfeld en 1959.[3] Lindemann ten unha irmá máis nova chamada Saskia.[2][4]

A partir dos 11 anos de idade, foi a unha escola de deportes, a Empor Rostock Sport Club,[4] e de 1977 a 1980, asistiu a un internado.[4] Os seus pais vivían separados por razóns profesionais desde 1975 e se divorciaron cando Lindemann era aínda era novo.[5] Viviu co seu pai por un curto tempo, pero a relación era malsá. No libro Mike Oldfield im Schaukelstuhl, o pai de Lindemann escribiu sobre os seus propios problemas co alcoholismo e as dificultades de ser pai dun adolescente Lindemann.[6]

En 1978, Lindemann participou no Campionato Europeo Júnior de Natación en Florencia, terminando 11º nos 1 500 m estilo libre e sétimo nos 400 m estilo libre, nadando nun tempo de 4'17"58, e foi preseleccionado para ir aos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova.[5] Deixou o deporte debido a unha lesión,[7] e daquela afirmou que "nunca me gustou a escola deportiva, era moi intensa, pero como neno non me opuxen".[1]

Máis tarde traballou como aprendiz de carpinteiro, técnico de galería, cortador de turba e cesteiro.[8] A súa nai dedicoulle unha carta titulada Mein Sohn, der Frontmann von Rammstein ("O meu fillo, o líder de Rammstein") a Lindemann en 2009.[9]

Carreira[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rammstein.
Lindemann nunha actuación de Rammstein durante a canción "Engel"

Lindemann comezou a tocar a batería para First Arsch,[10] que lanzou un álbum titulado Saddle Up en 1992 e tocou unha canción ("Lied von der unruhevollen Jugend") cunha banda punk chamada Feeling B (a antiga banda dos membros de Rammstein Paul H. Landers, Christoph "Doom" Schneider e Christian "Flake" Lorenz).[10] Durante a súa estadía en Feeling B, tocou a batería na banda.

Na década de 1990, Lindemann comezou a escribir letras de cancións. En 1994, a banda entrou e gañou un concurso en Berlín que lles permitiu gravar profesionalmente unha demo de catro pistas. Cando se lle preguntou por que a chamaron Rammstein despois do desastre do espectáculo aéreo de Ramstein,[11] dixo que viu imaxes do incidente na televisión, e que el e os compañeiros de banda querían facer un recordo musical.[12] Durante os primeiros anos de Rammstein, debido ao uso de excesiva pirotecnia, Lindemann queimouse as orellas, o cabelo e os brazos.[13] Christoph Schneider, compañeiro de banda, comentou: "Till quéimase todo o tempo, pero gústalle a dor".[13] Un incidente en setembro de 1996 fixo que unha sección do escenario ardese e como consecuencia, Lindemann conseguiu o título profesional de pirotécnico así a banda podería actuar coa pirotecnia con máis seguridade que a que tiña previamente.[8][14]

Durante a xira de Rammstein en Estados Unidos con Korn en 1998, Till e o seu compañeiro de banda, Christian "Flake" Lorenz foron arrestados en Worcester, Massachusetts, por conduta obscena realizada durante a súa canción "Bück Dich", que consistía en que Lindemann simulaba sexo anal con Lorenz.[15] Tanto Lindemann como Lorenz foron liberados ao día seguinte despois de pagar a fianza.[15] Este incidente non impediu que Lindemann actuase do mesmo xeito en futuros espectáculos fóra dos Estados Unidos, particularmente en Australia, cando se presentaron no 2011 no Big Day Out,[16] Pero as súas actuacións nos Estados Unidos cambiaron. En 1999, a banda foi culpada polo masacre de Columbine de 1999, aínda que negaron que a súa música fose un factor relevante no suceso.[17][18]

En novembro de 2002, publicou o seu primeiro libro de poemas "Messer", que se compón de 54 poemas compilados por Gert Hof, o autor do libro "Rammstein" e o pirodeseñador da banda durante os últimos sete anos.[19]

Till Lindemann cun lanzachamas durante un concerto

Till non é novato nas lesións pois, como se mencionou nos inicios de Rammstein, queimárase varias veces coa pirotecnia manexada sen profesionalidade.[13] Nunha actuación en Suecia en 2005, tivo unha lesión de xeonllo no escenario cando o teclista Flake bateu, accidentalmente, con el mentres montaba un Segway PT.[20] Esta lesión causou a cancelación de varias actuacións da xira en Asia.[20] O mesmo ano, cinco álbums de Rammstein recibiron o disco de platino e a banda tamén recibiu os "World Sales Awards" ("premios mundiais de vendas") para máis de 10 millóns de copias vendidas en todo o mundo.[21] Durante a rodaxe do vídeo musical da banda para "Ich tu dir weh", Lindemann quería unha luz posta na súa boca para crear un efecto visualmente impresionante.[22] O compañeiro de banda Paul Landers suxeriu que usase un arame de cor carne e o pasase pola súa fazula para iluminar a súa boca desde o exterior,[22] Lindemann negouse, e no seu lugar optou por facer unha incisión cirúrxica na fazula esquerda, de modo que unha luz podería ser alimentada na súa boca directamente, e en gran medida fóra da vista.[22][23]

Hai un movemento específico de Lindemann, chamado "The Till Hammer". Neste movemento, dobra os seus xeonllos e golpea a súa coxa co puño nun movemento de martilleo mentres que vira a súa cabeza de lado a lado. En ocasións, viuse a Flake parodiar o movemento no escenario. A diferenza da maioría dos líderes, Lindemann declarou nunha entrevista que non lle gusta que o miren mentres está no escenario, e que levaría lentes de sol para evitar as miradas da audiencia.[24] Afirmou que o obxectivo principal da pirotécnia da banda é, en realidade, ser unha ferramenta para afastar a atención da audiencia de Lindemann, dobrando o espectáculo para a audiencia. Lindemann tamén opta por dar as costas á cabina de mestura, ou fai xestos de man durante os sos de guitarra para distraer á audiencia e evitar que o miren directamente. Debido á súa ansiedade no escenario, Lindemann adoita facer que os seus compañeiros de banda empreguen un bote de goma para surfear durante os espectáculos, xa que obtén a atención dos espectadores fóra do escenario durante varios minutos.[25]

En xullo de 2010, Lindemann, xunto con Flake, foron entrevistados polo antropólogo Sam Dunn para a serie Metal Evolution de VH1 Classic, sobre o tema do shock rock[26] e en 2011, Roadrunner Records incluíu a Lindemann no número 50 na lista dos 50 mellores líderes de metal de todos os tempos.[27]

En 2013, publicou o segundo libro de poesía de Lindemann, In stillen Nächten,[28] e comentou sobre a poesía que "A gran maioría dos meus poemas podería ter sido escrita uns poucos centos de anos antes."[28] No seu 52 aniversario (o 4 de xaneiro de 2015), anunciouse que Lindemann comezaría un novo proxecto con Peter Tägtgren chamado Lindemann[29][30][31] e ese mesmo ano, no mes de xuño, a banda lanzou o seu álbum debut Skills in Pills.[32]

Voz e letras[editar | editar a fonte]

Lindemann durante "Rammstein", levando un lanzachamas montado nun brazo dobre

Lindemann ten unha poderosa presenza en escena. O seu rango vocal é o dun baixo (barítono), ou talvez ata máis baixo.[33][34][35] Con todo Lindemann ten o impulso de meter presión na súa voz con forza desde abaixo,[33] tamén é coñecido pola súa continua tendencia a pronunciar os "R" de forma vibrante alveolar múltiple, como o son "rr" en galego, declarou nunha entrevista que canta así por instinto.[33] O seu uso vibrante do "r" provoca críticas, xa que Adolf Hitler pronunciaba os "R" así.[36] Con todo, este acento podería estar conectado aos seus anos de mocidade en Mecklenburgo.[37] En 2005, o New York Times referiuse á voz de Lindemann, dicindo que "ordena un baixo, un potente baixo raramente usado na música pop contemporánea, sen formación pero electrificante."[38]

Respecto das súas letras, o propio Lindemann descríbeas adoita describilas "cancións de amor".[39] Algunhas das cancións escritas por el teñen referencias á literatura do século XIX ou anteriores; como, por exemplo, Dalai Lama do álbum Reise, Reise que é unha adaptación de Der Erlkönig de Goethe.[40] Tamén utilizou máis poemas de Goethe como en Rosenrot, que contén elementos do poema Heidenröslein;[40] mentres que Feuer und Wasser ten elementos narrativos de Der Taucher de Friedrich Schiller.[41] Lindemann tamén utilizou elementos de Der Struwwelpeter de Heinrich Hoffmann para a súa oitava pista, Hilf mir, no seu álbum Rosenrot;[42] e Mein Herz brennt ten letras tomadas dunha liña narrativa dun programa infantil alemán, coñecido como Das Sandmännchen.[43]

Lindemann tamén utilizou a literatura contemporánea para empregar referencias intertextuales. Por exemplo, o título da canción de Édith Piaf, Non, je ne regrette rien, utilizouse como estribillo para a canción Frühling en Paris, e a letra da canción Links 2-3-4 baséanse na canción Einheitsfrontlied de Bertolt Brecht.[44] A letra da canción pode incluír á banda na categoría política, colocándoa na esquerda.[45] Tamén utilizou outra canción composta por Brecht, titulada Mack o coitelo, e o coro foi utilizado para a canción Haifisch.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A primeira filla de Lindemann, Nele, naceu en 1985 e contou nunha entrevista alemá que pasou sete anos como pai solteiro.[10] Lindemann ten un neto, fillo de Nele, coñecido como "Little Fritz".[46] Lindemann ten unha segunda filla coa súa ex esposa Anja Köseling, chamada Marie Louise, que naceu en 1993.[47]

Nunha entrevista de 2011, Lindemann declarou que aínda ten fortes conexións coas tradicións da Alemaña Oriental e opina que a "des-tradicionalización" é inquietante, e que tampouco hai autenticidade.[24] Tamén ten declarado que "odia o ruído", e a miúdo foxe a un pobo no norte entre Schwerin e Wismar.[46]

En 2014, Lindemann presentou dúas esculturas e os seus guións orixinais de poemas no seu libro In Silent Nights (en noites silenciosa) nunha galería en Dresden;[48] e, o mesmo ano, tamén escribiu algunhas letras para o cantante compositor alemán Roland Kaiser para o seu álbum Soul Tracks.[49]

Entre as bandas favoritas de Lindemann están Deep Purple, Alice Cooper e Black Sabbath e cantantes Marilyn Manson e Chris Isaak.[1]

Lindemann é ateo.[50][51]

Discografía[editar | editar a fonte]

Till Lindemann en Londres, febreiro 2012

First Arsch[editar | editar a fonte]

Rammstein[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Discografía de Rammstein.

Lindemann[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Who the hell are Rammstein?". Rammimages.com. 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Bettendorf, Michele (2002). Ursprung Punkszene, oder: "Rammstein hätte es im Westen nie gegeben" (en alemán) (1st ed.). Book on Demand. p. 116. ISBN 978-3831144938. Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  3. Irgendein Neuerdings Mike Oldfield – ein Vater – Sohn Geschichte (RF radio play) 2011
  4. 4,0 4,1 4,2 Adrienne Didur, Cheryl (2013). "Till Lindemann's Childhood and School Days". TillLindemann.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014. 
  5. 5,0 5,1 Pilz, Michael (28 de setembro de 2004). "Rammstein erfolgreichste Lyriker sind Deutschlands". Die Welt. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  6. Lindemann, Werner (1988). Mike Oldfield im Schaukelstuhl: Notizen eines Vaters (en alemán). Ingo Koch Verlag. ISBN 978-3938686614. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  7. Haack, Melanie; Dunker, Robert; Schurer, Petra (21 de novembro de 2009). "Biedermann und Lindemann über Musik und Sport". Die Welt Online (en German). Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  8. 8,0 8,1 Grundke, Vincent (4 de xaneiro de 2014). "Rammstein-Poet Till Lindemann wird heute 51". Ampya (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de outubro de 2014. 
  9. "Deluxe Rostock number 3/2009" (PDF). Rostock Deluxe Magazine. 2009. Consultado o 1 de novembro de 2014. [Ligazón morta]
  10. 10,0 10,1 10,2 Bettendorf, p. 117.
  11. Ronald Galenza, Heinz Havemeister: Feeling B. Mix mir einen Drink. – p. 262. Schwarzkopf & Schwarzkopf, Berlin 2002, ISBN 3-89602-418-3
  12. "OOR Interview – Till – outubro de 1997". Rammimages.com. 2005. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Peisner, David (febreiro de 2007). "Rock Stars Who've Caught Fire Onstage!". Blender Magazine Online. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  14. France, Pauline (27 de outubro de 2011). "Top 10 Creepiest Moments on Stage". Fender Musical Instruments Corporation. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 2016-09-21. 
  15. 15,0 15,1 "Rammstein's Act Lands Two Members in Jail". MTV. 7 de xuño de 1999. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  16. Northover, Kylie (14 de xaneiro de 2011). "Rammstein get out their phallic cymbals". Sydney Morning Herald. Consultado o 16 de novembro de 2014. 
  17. Powers, Ann (25 de abril de 2000). "The Nation; The Stresses of Youth, The Strains of Its Music". The New York Times. Consultado o 15 de novembro de 2010. 
  18. MTV News Staff (23 de abril de 1999). "KMFDM And Rammstein Speak Out About Columbine". MTV. Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  19. "Till Lindemann: Messer. Gedichte und Fotos". perlentaucher.de. 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  20. 20,0 20,1 "Rammstein Cancels Shows in Asia". Metal Underground. 1 de agosto de 2005. Consultado o 16 de novembro de 2014. 
  21. "History (16 de decembro de 2005)". Rammstein. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2015. Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  22. 22,0 22,1 22,2 Sonisphere. "RAMMSTEIN – Making of Ich Tu Dir Weh". Muzu.tv. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  23. "Rammstein frontman pierced his cheek for new video". The Gauntlet. 21 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 1 de novembro de 2014. 
  24. 24,0 24,1 Schmidt, Rainer (12 de decembro de 2011). "Rammstein: Exclusive Interview with Till Lindemann and Flake Lorenz". Rolling Stone. Consultado o 16 de novembro de 2014. 
  25. "Till Lindemann – Interview Anakonda im Netz (English Subtitles)". YouTube. 24 de agosto de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  26. "Shock Rock (Ep. 1-09) Metal Evolution". VH1.com. 23 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  27. Rosen, Jeremy (2011). "The 50 Greatest Metal Frontmen of all Time". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  28. 28,0 28,1 Schoepfer, L. (3 de outubro de 2013). "The Misunderstood". Tages-Anzeiger (en alemán). Consultado o 16 de novembro de 2014. 
  29. "Rammstein Frontman Till Lindemann Joins Forces with Pain/Hypocrisy Mainman Peter Tägtgren in New Project". Blabbermouth.net. 4 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2015. 
  30. Childers, Chad (5 de xaneiro de 2015). "Rammstein's Till Lindemann Forms New Project With Peter Tagtgren". Loudwire. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  31. "Rammstein's Till Lindemann and Hypocrisy's Peter Tägtgren form new project". The Guardian. 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  32. "Details Released For Rammstein Frontman's New Project Lindemann". The Guardian. 5 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  33. 33,0 33,1 33,2 "English long interview (Playboy January 2006): Till Lindemann". Till-lindemann.skynetblogs.be. 28 de novembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  34. Constable, Burt (11 de maio de 2011). "Rammstein show like Blue Man with flamethrowers". The Daily Herald. Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  35. Pareles, Jon (12 de decembro de 2010). "Offering Sturm Galore, Fire and Drang as Well". The New York Times. Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  36. "Music Express interview with Richard and Till". Music Express. xullo 1997. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2014. Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  37. Littlejohn (2013), p.17
  38. Berlinski, Claire (9 de xaneiro de 2005). "Das Jackboot: German Heavy Metal Conquers Europe". The New York Times (Berlin). Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  39. Bettendorf, p. 99.
  40. 40,0 40,1 Littlejohn (2013), p. 218.
  41. Littlejohn (2013), p. 100.
  42. Littlejohn (2013), p. 240.
  43. Nestingen, Andrew (2008). Crime and fantasy in Scandinavia : fiction, film, and social change. Seattle, Wash.: University of Washington Press. p. 101. ISBN 978-0295988047. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  44. Littlejohn (2013), p. 126.
  45. "Rammstein: Das Herz schlägt links, oder?". Laut.de. Consultado o 20 de novembro de 2014.  Esta canción é de feito escrita por Bertolt Brecht e composta por Hanns Eisler en 1934. O texto completo pode atoparse aquí: "Einheitsfrontlied"
  46. 46,0 46,1 "O vocalista de Rammstein Till Lindemann admite que odiaa o ruído". RIA Novosti. 6 de xullo de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2014. 
  47. "Till Lindemann – Biography". IMDb. 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014. 
  48. Bauermeister, Juliane (19 de febreiro de 2014). "Die bizarre Kunst des Rammstein-Sängers". Bild.de (en alemán). Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  49. "Rammstein-Sänger hat Songtext für Roland Kaiser geschrieben". T-Online (en alemán). 17 de abril de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  50. "SZ: Till Lindemann about desire" (en English). Archived from the original on 28 de agosto de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  51. "NNDB" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2006. 
  52. Henne, Bruce (1 de marzo de 2015). "Lindemann tease album debut". MetalHammer. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  53. Kanetzky, Aurelia (5 de febreiro 2015). ""Lindemann": Debütalbum für Mai angekündigt". Rollingstone (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Littlejohn, John T.; Putnam, Michael T. (2013). Rammstein on Fire: New Perspectives on the Music and Performances (en inglés). Jefferson, North Carolina: McFarland Publishers. ISBN 978-0786474639. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]