Abruñeiro
Abruñeiro | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Prunus spinosa L. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
O abruñeiro[1][2] ou escambrón[3][4] (Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosaceae. Nativo de Europa, Asia e norte de África. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso. É común en Galicia.
As follas son pequenas (2 a 4 cm), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervios do envés.
As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.
O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.
En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.
O cerolleiro é unha variedade de abruñeiro que dá o cerollo, un abruño doce[5].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Abruñeiro a rosear.
-
Abruños no arbusto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abruñeiro.
- ↑ Recibe tamén os nomes vulgares de abruñeira, abruño e ambruñeiro: Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1996
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escambrón.
- ↑ Cómpre ter en conta que o nome escambrón emprégase polo contrario no "Termos de Botánica" (2004) e no "Vocabulario forestal" (2012) do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela como sinónimo do estripeiro
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cerollo.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Abruñeiro |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |