Grupo Ornitolóxico Galego
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Sociedade Galega de Historia Natural" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Grupo Ornitolóxico Galego | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1973 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Grupo Ornitolóxico Galego (GOG) foi un grupo de ornitólogos galegos creado en 1973, que deu pé á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), na que forma parte da súa Sección de Ornitoloxía. Xa que logo, a SGHN, herdeira directa do Grupo Ornitolóxico Galego, segue a desenvolver a liña de actuacións que este comezara.
Actividades
[editar | editar a fonte]Este grupo coordina e colabora na realización dos censos anuais de aves acuáticas e mariñas invernantes en Galicia, que están sendo publicados nas revistas Bubela (do GOG) e Braña (da SGHN), que subministran informacións históricas de grande importancia para coñecer a evolución das poboacións invernantes destas aves en Galicia, e o estado de conservación da costa e zonas húmidas galegas.
O grupo ten participado en múltiples estudos sobre as aves de Galicia e a súa conservación, como o Atlas de Vertebrados de Galicia ou o seguimento de especies ameazadas. Tamén mantivo activo, durante moitos anos, un grupo de anelamento científico, chegando a organizar o XI Encontro de aneladores a nivel estatal. Ademais foi o organizador do V Congreso Galego de Ornitoloxía.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|