Arañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Araña")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Araña
(Araneae)

Rango fósil: Carbonífero tardío - actualidade
Collage de arañas
Collage de arañas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
(sen clasif.): Arachnomorpha
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Clerck, 1757
Subordes

Mesothelae
Mygalomorphae
Araneomorphae

As arañas son os membros de calquera especie da orde Araneae dos artrópodos, que abundan en tódolos continentes excepto na Antártida. Ata a data describíronse unhas 35.000 especies, das que só unha ducia son realmente perigosas para os seres humanos.

Características[editar | editar a fonte]

As arañas teñen catro pares de apéndices ou extremidades: dous quelíceros, dous pedipalpos. Nos quelíceros habitualmente posúen glándulas velenosas e os machos de moitas especies empregan os pedipalpos, similares a patas curtas, como aparato copulador. A diferenza do resto dos arácnidos, o corpo das arañas está dividido en dúas partes unidas por un pedúnculo: a anterior, chamada cefalotórax ou prosoma e a posterior, coñecida como abdome ou opistosoma. Carecen de antenas e teñen unha vista moi pobre, a pesar dos seus catro pares de ollos simples denominados ocelos. Tamén as hai con tres, con dous e incluso cun só par de ollos (é menos habitual a presenza de arañas con menor número de pares de ollos). A situación destes na araña, é moi adecuada para identificar á especie que estamos examinando. Teñen catro pares de patas de 7 tramos chamados artellos, ordenados no corpo cara ó exterior: coxa, trocánter , fémur , xeonllo, tibia, metatarso e tarso.

Non se coñecen especies de araña que non produzan seda, material composto de proteínas complexas, que utilizan para moi variadas funcións: cazar presas e envolvelas nela; como adhesivo doutros materiais de construción de túneles, así como outras moitas utilidades. No extremo posterior do abdome áchanse as glándulas secretoras de seda denominadas fieiras, que producen un fluído que se solidifica ó contacto co aire (o fluído é unha disolución concentrada de proteínas e a súa estrutura transfórmase xusto antes de saír converténdose nunha forma insoluble que rápidamente se deshidrata e constitúe a fibra de seda).

As arañas desenvólvense directamente, sen sufrir metamorfose.

Os araneidos (arañas), divídense en tres subordes: Mesothelae, Orthognatha e Labidognatha.

Algunhas das especies de arañas son:

Equipamiento sensorial[editar | editar a fonte]

Como o resto dos quelicerados, carecen de antenas, e empregan os pedipalpos como órganos táctiles e olfactivos. A vista das arañas é xeralmente moi pobre, a pesar de ter ata catro pares de ollos simples denominados ocelos, que nalgunhas familias se reducen a tres pares ou menos. A colocación, tamaño e cor dos ollos son caracteres diagnósticos das familias, é dicir, permiten distinguir unhas das outras.

Seda[editar | editar a fonte]

Todas as especies de araña producen seda, material composto de proteínas complexas, que empregan para funcións moi variadas: cazar presas e envolvelas nela, como adhesivo doutros materiais de construción de túneles ou como áreas de locomoción entre outras moitas. Algunhas especies de arañas crean un fío longo que lles serve de vela para ser arrastradas polo vento. O vento guíaas para cazar as súas presas ou para ir nunha dirección determinada. Este fenómeno coñécese como voo arácnido. No extremo posterior do abdome atópanse as glándulas secretoras de seda, que producen un fluío que se solidifica ao contactar co aire. O fluído é unha disolución concentrada de proteínas, cunha estrutura que se transforma xusto antes de saír, converténdose nunha forma insoluble que se deshidrata rapidamente e constitúe a fibra de seda.

Evolución[editar | editar a fonte]

Fósil de araña en ámbar.

Formas primitivas[editar | editar a fonte]

Os primeiros arácnidos semellantes ás arañas son os da orde Trigonotarbida, que se atopan entre os primeiros artrópodos que poboaron a tierra firme. Ao igual que as arañas, os trigonotárbidos eran terrestres, respiraban mediante pulmóns en libro e posuían oito patas. Porén, non eran verdadeiramente arañas nin antergos elas, senón que representan unha liña evolutiva separada do resto dos arácnidos mais moi semellante ás actuais arañas.

Arañas verdadeiras[editar | editar a fonte]

As arañas propiamente chamadas son as que posúen unha cintura estreita que une o cefalotórax e o abdome e evolucionaron hai aproximadamente 400 millóns de anos. Tiñan segmentación abdominal e órganos que secretaban seda. O fósil máis antigo achado cunha especie destas características data de hai 380 millóns de anos, do período Devónico, e coñécese como Attercopus fimbriungus. Este espécime é o taxon irmán de todas as arañas vivas.

A maioría dos primeiros fósiles de arañas pertenecen á suborde Mesothelae. Este é un grupo de arañas primitivas que posúen os órganos produtores de seda baixo a metade do opistosoma, a diferenza do resto das arañas que os teñen ao final. Seguramente eran depredadores terrestres que habitaron a mediados do Paleozoico. Os fíos destas arañas probablemente se empregasen só para protexer os ovos e forrar os niños.

A medida que a vida se foi diversificando, tamén o fixo o uso do fío das arañas. As arañas cos órganos produtores ao final do abdome, Mygalomorphae e Araneomorphae, apareceron hai máis de 250 millóns de anos, posiblemente xunto co uso das teas para a captura das presas, tanto en terra como na follaxe. O migalomorfo máis antigo, Rosamygale, foi descrito no Triásico de Francia e pertence á familia moderna Hexathelidae. O Megarachne servinei, do período Pérmico-Carbonífero, creuse por algún tempo que era un migalomorfo xigante, con 34 cm de longo e 50 cm de envergadura das patas, o que a convertía polo tanto na araña máis grande que poboou a Terra, mais un estudo máis detallado revelou que se trataba dun escorpión mariño (Eurypterida).[1]

No Xurásico, xa se desenvolveran as sofisticadas redes aéreas da familia Araneidae. Unha tea de araña conservada en ámbar en perfecto estado, de hai 110 millóns de anos, informa da existencia deste tipo de arañeiras. A información xenética adicional suxire, a través dun estudo do xene que provoca este comportamento, que xa se atopaba este tipo de teas hai 136 millóns de anos.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Araña de auga
Niño de arañas en Vilarromarís
Araña da familia Araneidae
Agelenopsis sp.

Sub-Orde Araneomorphae

Agelenidae
Amaurobiidae
Anyphaenidae
Araneidae
Caponiidae
Clubionidae
Corinnidae
Ctenidae
Cybaeidae
Deinopidae
Desidae
Dictynidae
Diguetidae
Dysderidae
Eresidae
Filistatidae
Gnaphosidae
Hahniidae
Hersiliiidae
Hypochilidae
Leptonetidae
Linyphiidae
Liocranidae
Lycosidae
Mimetidae
Miturgidae
Nesticidae
Oecobiidae
Oonopidae
Oxyopidae
Palpimanidae
Philodromidae
Pholcidae
Pisauridae
Plectreuridae
Salticidae
Scytodidae
Segestriidae
Selenopidae
Sicariidae
Sparassidae
Tengellidae
Tetragnathidae
Theridiidae
Thomisidae
Titanoecidae
Uloboridae
Zodariidae
Zorocratidae
Zoropsidae

Sub-OrdeMesothelae

Actinopodidae
Arthrolycosidae
Arthromygalidae
Barychelidae
Idiopidae
Liphistiidae
Microstigmatidae
Migidae
Nemesiidae
Paratropidae

Sub-Orde Mygalomorphae

Antrodiaetidae
Atypidae
Ctenizidae
Cyrtaucheniidae
Dipluridae
Hexathelidae
Mecicobothriidae
Theraphosidae

A araña na cultura popular[editar | editar a fonte]

A araña foi considerada de gran poder e importancia na cosmovisión andina e por iso fori representada por varias culturas da zona, como nos xeóglifos da cultura Nazca e na cerámica mochica.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de arañas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Selden, P.A.; Corronca, J.A.; Hünicken, , M.A. (2005). "The true identity of the supposed giant fossil spider Megarachne". Biology Letters (en inglés) 1: 44–48. doi:10.1098/rsbl.2004.0272. 
  2. Garb, Jessica E.; DiMauro, Teresa; Vo, Victoria; Hayashi, Cheryl Y. (2006). "Silk Genes Support the Single Origin of Orb Webs". Science (en inglés) 312 (5781): 1762. doi:10.1126/science.1127946. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arañas Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Arañas, acróbatas e perigosas - NAEQ (en portugués)