La Flèche Wallonne
Nome oficial | La Flèche Wallonne |
---|---|
Tipo | carreira dun día |
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Amaury Sport Organisation |
Parte de | Clásicas das Ardenas |
Localización e Datas | |
Localización | Valonia (Bélxica) 50°21′N 5°16′L / 50.35, 5.27 |
País | Bélxica |
Vixencia | 1936 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Datos estatísticos | |
Primeiro gañador | Philippe De Meersman |
Máis títulos | Alejandro Valverde (5) |
Outro | |
Páxina web oficial | la-fleche-wallonne.be |
A Frecha Valoa (oficialmente e en francés: La Flèche Wallonne) é unha clásica ciclista de primavera que se disputa en Bélxica cada cuarto domingo de abril. Xunto coa Amstel Gold Race e a Liexa-Bastogne-Liexa compón as tres Clásicas das Ardenas. Tamén forma parte do UCI WorldTour, aínda que non está considerada un dos monumentos do ciclismo.
O percorrido non é fixo. En diferentes épocas, ten saído de moitos lugares da zona, porén, dende a edición do ano 1983 a chegada da carreira está fixada no Muro de Huy, unha subida de 204 metros de lonxitude cunhas pendentes que chegan ao 26% e que se pasa varias veces durante a proba.
O español Alejandro Valverde é o home con máis vitorias con cinco, das cales catro son consecutivas.
Frecha Valoa feminina
[editar | editar a fonte]Dende o ano 1998, a proba tamén conta cunha proba feminina que oficialmente se denomina La Flèche Wallonne Féminine. Dende a súa creación sempre formou parte da Copa do Mundo. Desde a súa creación no ano 2016 forma parte do UCI WorldTour feminino. Conta con arredor da metade de quilometraxe da proba masculina debido a que xa comeza en Huy con simlares características.
As únicas persoas que igualan a Alejandro Valverde en número de vitorias na Flèche son Marianne Vos e Anna van der Breggen que tamén acadaron cinco, no caso de Anna van der Breggen xeito consecutivo.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Masculino
[editar | editar a fonte]Feminino
[editar | editar a fonte]Palmarés por países
[editar | editar a fonte]
Masculino[editar | editar a fonte]
|
Feminino[editar | editar a fonte]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ferdi Kübler inicialmente primeiro, foi desclasificado.
- ↑ Walter Godefroot inicialmente terceiro, foi desclasificado.
- ↑ Freddy Maertens inicialmente primeiro, foi desclasificado.
- ↑ Kim Andersen inicialmente segundo, foi desclasificado.