Philippe Gilbert
Philippe Gilbert | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xullo de 1982 |
Lugar de nacemento | Verviers |
Nacionalidade | Bélxica |
Ocupación | ciclista |
Irmáns | Jérôme Gilbert |
Premios | Vélo d'Or, Belgian National Sports Merit Award, Belgian Sportsman of the year, Belgian Sportsman of the year e Belgian Sportsman of the year |
Na rede | |
http://www.philippegilbert.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Philippe Gilbert, nado o 5 de xullo de 1982 na localidade valoa de Verviers, en Bélxica, é un ciclista profesional dende 2003, especialista nas carreiras clásicas.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Philippe Gilbert é un gañador de carreiras dun día, por iso nunca fixo unha boa clasificación xeral nunha carreira de 3 semanas. Estes son os seus éxitos máis salientables:
- 1º na clasificación final do UCI World Ranking en 2011, e 3º en 2010.
Nas Grandes Voltas:
- Tour de Francia: 1 vitoria parcial e 1 tirada vestido co maillot amarelo no Tour de Francia 2011.
- Giro de Italia: 1 vitoria parcial no Giro de Italia 2009.
- Vuelta a España: 2 vitorias parciais e 5 tiradas vestido co xersei ouro na Vuelta a España 2010, e outras 2 vitorias parciais na Vuelta a España 2012.
Vitorias nas Clásicas:
- Tour de Flandres: Vitoria 2017
- Paris Roubaix: Vitoria en 2019.
- Liexa-Bastogne-Liexa: Vitoria en 2011.
- Frecha Valoa: Vitoria en 2011.
- Amstel Gold Race: Vitorias en 2010, 2011, 2014 e 2017.
- Giro da Lombardía: Vitorias en 2009 e 2010.
- Clásica de San Sebastián: Vitoria en 2011.
- Frecha Brabanzona: Vitoria en 2011 e 2014.
- Giro do Piamonte: Vitoria en 2009 e 2010.
- París-Tours: Vitorias en 2008 e 2009.
Outras vitorias:
- Campión do mundo en 2012 de ciclismo en ruta.
- Campionato de Bélxica de ciclismo en ruta: 2011 e 2016.
- Campionato de Bélxica de ciclismo en ruta contra o reloxo 2011
- Gañador da Volta a Bélxica: 2011.
- Gañador da París-Corrèze: 2004.
- Gañador da Ster ZLM Toer: 2009 e 2011.
- Gañador do Gran Premio de Valonia: 2006.
- Gañador da Montepaschi Eroica: 2011.
Equipos[editar | editar a fonte]
- Française des Jeux (2003-2008)
- Lotto (2009-2011)
- BMC Racing Team (2012-2016)
- Quick Step (2017-2019)
- Quick-Step Floors (2017-2018)
- Deceuninck-Quick Step (2019)
- Lotto Soudal (2020-)