Moon (filme)
| Moon | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Moon é un filme británico de ciencia ficción co-escrito e dirixido por Duncan Jones que se estreou no ano 2009. A historia segue a Sam Bell (Sam Rockwell), un home que experimenta unha crise persoal cando está a piques de rematar a súa estadía de 3 anos en solitario como mineiro de helium-3 na cara oculta da Lúa. Kevin Spacey fai a voz do compañeiro robótico de Sam, GERTY. Moon estreouse no Festival de Sundance de 2009, distribuíndose en cinemas seleccionados en Nova York e Os Ánxeles o 12 de xuño de 2009. A distribución ampliouse a outros cinemas nos Estados Unidos e Toronto o 3 e 10 de xullo respectivamente e ao Reino Unido o 17 de xullo.
Moon tivo un orzamento modesto e recadou uns $10 millóns en todo o mundo[1] pero foi louvado pola crítica. A interpretación de Rockwell tamén foi eloxiada, facendo que o filme fose máis realista. Gañou numerosos premios da crítica e premios en festivais de cine e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme británico.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sam Rockwell como Sam Bell
- Kevin Spacey como GERTY (voz)
- Dominique McElligott como Tess Bell
- Kaya Scodelario como Eve Bell
- Benedict Wong como Thompson
- Matt Berry como Overmeyers
- Malcolm Stewart como 'o técnico'
- Robin Chalk como clon de Sam Bell
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Moon (2009)". Consultado o 4 de xullo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Moon na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)