Saltar ao contido

Sospeitosos habituais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Usual Suspects»)

Sospeitosos habituais
 Instancia de
 Título
The Usual Suspects (en) Editar o valor en Wikidata
Obras e produtos
 Formato de distribución
 Cor
 Formato de imaxe
 Época ambientación
 Narrador/a
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
18 de xaneiro de 1996 (Alemaña)
1995 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración106 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (13 de febreiro de 1996)
Óscar ó mellor guión orixinal (13 de febreiro de 1996) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
76/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
87% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
7.8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF184154904 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-5B41-0000-U-0000-0000-L Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/016fyc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0114814 Filmaffinity: 408515 Allocine: 12837 Rottentomatoes: m/usual_suspects Mojo: usualsuspects Allmovie: v133590 TCM: 94598 Metacritic: movie/the-usual-suspects TV.com: movies/the-usual-suspects Netlix: 1084379 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Sospeitosos habituais (en inglés: The Usual Suspects) é un filme estadounidense de 1995 escrito por Christopher McQuarrie (quen gañou un Oscar ó mellor guión orixinal por este traballo) e dirixido por Bryan Singer. Está protagonizado por Kevin Spacey (Oscar ó mellor actor secundario), Gabriel Byrne, Stephen Baldwin, Benicio del Toro e Kevin Pollak.

Cun orzamento duns 4 millóns de dólares, non foi moi ben recibido nas salas de cinema durante a súa estrea, formando parte da lista de «As películas máis odiadas por Roger Ebert», pero foi atractivo para moitos seguidores do xénero de crime/drama e é considerada unha película de culto. Dez anos despois da súa estrea seguía no Top 25 de Internet Movie Database «Top 250 Movie List».

Roger «Verbal» Kint (Spacey) é un pequeno estafador tolleito que está sendo interrogado pola policía dos Ánxeles, e vaille contando ao seu interrogador, o axente Kujan (Chazz Palminteri), unha historia sobre os acontecementos que desencadearon un tiroteo e un masacre dentro dun barco apostado no porto dos Ánxeles. Usando a narración en retrospectiva, a historia de «Verbal» vai sendo cada vez máis complexa, aclarándolle os feitos ao axente, que está interesado en saber por que el e os seus compañeiros estaban nese barco.

Galardóns

[editar | editar a fonte]
Data Premio Categoría Receptor(es) Resultado
Marzo de 1996 Premios Óscar [1] Mellor actor secundario Kevin Spacey Gañador
Mellor guión orixinal Christopher McQuarrie Gañador
Xuño de 1996 Premios Saturn[2] Mellor película de acción / aventuras Gañadora
Mellor director Bryan Singer Nomeado
Mellor música John Ottman Gañador
Abril de 1996 Premios BAFTA[3] Mellor película Bryan Singer, Michael McDonnell Nomeado
Mellor guión orixinal Christopher McQuarrie Gañador
Mellor montaxe John Ottman Gañador
Decembro de 1995 Boston Society of Film Critics[4] Mellor actor secundario Kevin Spacey Gañador
  1. "Nominees & Winners for the 68th Academy Awards". The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
  2. "Past Saturn awards". Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
  3. "Film nominations 1995". BAFTA (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
  4. "BSFC past winners". Boston Society of Film Critics (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.