Sospeitosos habituais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sospeitosos habituais
Ficha técnica
Título orixinalThe Usual Suspects
DirectorBryan Singer
ProdutorBryan Singer
GuiónChristopher McQuarrie
IntérpretesStephen Baldwin,
Gabriel Byrne,
Benicio del Toro,
Kevin Pollak,
Kevin Spacey,
Chazz Palminteri
MúsicaJohn Ottman
FotografíaNewton Thomas Sigel
MontaxeJohn Ottman
DistribuidoraSpelling Films International
Estrea1995
Duración105 min.
OrixeEstados Unidos
XéneroAcción / Thriller / Misterio

The Usual Suspects é unha película estadounidense de 1995 escrita por Christopher McQuarrie (quen gañou un Oscar ó mellor guión orixinal por este traballo) e dirixida por Bryan Singer. Está protagonizada por Kevin Spacey (Oscar ó mellor actor secundario), Gabriel Byrne, Stephen Baldwin, Benicio del Toro e Kevin Pollak.

Cun orzamento duns 4 millóns de dólares, non foi moi ben recibida nas salas de cine durante a súa estrea, formando parte da lista de «As películas máis odiadas por Roger Ebert», pero foi atractiva para moitos seguidores do xénero de crime/drama e é considerada unha película de culto. Dez anos despois da súa estrea seguía no Top 25 de Internet Movie Database «Top 250 Movie List».

Sinopse[editar | editar a fonte]

Roger «Verbal» Kint (Spacey) é un pequeno estafador tolleito que está sendo interrogado pola policía dos Ánxeles, e vaille contando ao seu interrogador, o axente Kujan (Chazz Palminteri), unha historia sobre os acontecementos que desencadearon un tiroteo e unha masacre dentro dun barco apostado no porto dos Ánxeles. Usando a narración en retrospectiva, a historia de «Verbal» vai sendo cada vez máis complexa, aclarándolle os feitos ao axente, que está interesado en saber por que el e os seus compañeiros estaban nese barco.

Elenco[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Data Premio Categoría Receptor(es) Resultado
Marzo de 1996 Premios Óscar [1] Mellor actor secundario Kevin Spacey Gañador
Mellor guión orixinal Christopher McQuarrie Gañador
Xuño de 1996 Premios Saturn[2] Mellor película de acción / aventuras Gañadora
Mellor director Bryan Singer Nomeado
Mellor música John Ottman Gañador
Abril de 1996 Premios BAFTA[3] Mellor película Bryan Singer, Michael McDonnell Nomeado
Mellor guión orixinal Christopher McQuarrie Gañador
Mellor montaxe John Ottman Gañador
Decembro de 1995 Boston Society of Film Critics[4] Mellor actor secundario Kevin Spacey Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nominees & Winners for the 68th Academy Awards". The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  2. "Past Saturn awards". Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2008. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  3. "Film nominations 1995". BAFTA (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  4. "BSFC past winners". Boston Society of Film Critics (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.