Kermes echinatus
Kermes echinatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femias de Kermes echinatus con ninfas emerxentes | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Kermes echinatus Balachowsky, 1953 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Kermes echinatus é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[1]
É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus: Quercus calliprinos, Quercus coccifera e Quercus ilex.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi escrita en 1953 polo entomólogo francés, nacido en Rusia, Alfred Balachowsky,[3] a partir dunha femia achada no bosque Nahaall de Israel, sobre Quercus coccifera, especie tipo depositada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para o do xénero, véxase Kermes.
O epitero específico, echinatus, é o nominativo singular do adxectivo do latín científico echinatus, -a, -um, tirado do sussbtantio do latín clásico echinus, -i, "ourizo".[4]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Kermococcus echinatus (Balachowsky, 1953)
Características
[editar | editar a fonte]As femias adultas son subesféricas e de cor ocre.[3] Os adultos xoves prereprodutores son ovalados, de 2,5 a 3,2 mm de longo e de 2 a3 mm de largo, co dorso lixeiramente convexo de cos gris apardazado con 4 ou 5 liñas lonxitudinais negras e de 6 a 9 bandas transversais negras formadas por puntos e liñas. As femias reprodutoras maduras son altamente convexas, co dorso gris aparddazado con liñas negras, lonxitudinais e transversais, co corpo estreitándose na rexión posterior. As femiaa posreprodutoras son ovaladas e moderadamente convexas, de 2,9 a 4,4 mm de longo, de 2,7 a 5,1 mm de largo e de 3,2 a 4,8 mm de alto, e co dorso esclerotizado, de cor vermella con de 6 a 9 liñas transversais negras. As ninfas no seu primeiro estadio teñen o corpo ovalado e que se estreita posteriormente, miden de 0,37 a 0,44 mm de longo e de 0,14 a 0,2 mm de largo, presentando o dorso e o ventre vermellos, cunha franxa de cera branca nas marxes coa que se asentan nas pólas para alimentarse. No segundo estadio ninfal o corpo é ovalado e case plano, de cor vermella alaranxada. O corpo das ninfas do terceiro estadio é arredondado, convexo, de cor amarela brillante xusto despois da écdise (muda), con numerosas guedellas cerosas brancas que sobresaen no dorso.[2][5] As femias de K. echinatus no terceiro estadio difiren das de K. vermilio principalmente nas antenas monoméricas (2 ou 3 segmentos) e con aproximadamente 50-60 sedas marxinales espiñentas, en K. vermilio.[6][7]
Ciclo biolóxico
[editar | editar a fonte]Kermes echinatus pasa o invierno como ninfas no seu primeiro estadio pousadas nas pólas das árbores. As ninfas do segundo estadio aparecen a mediados de abril, seguidas das ninfas do terceiro estadio contra finais de maio. As larvas e pupas masculinas aparecen desde finais de abril até finais de maio. As femias maduras, preovipositoras e ovipositoras adultas, durante maio e xuño. Os individuos acabados de nacer aparecen a finais de xuño, permanecendo nesta etapa até que se asentan en pólas durante o verán, outono e inverno até abril do ano seguinte.[2]
Como no resto dos cocoideos, provoca danos directos sobre ás árbores colonizadas, debidos á succión do zume. Mediante as picadas producidas polas larvas e as femias adultas ocasiónase un debilitamento da árbore.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinas 157-201.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Kermes echinatus Balachowsky, 1953 en ScaleNet.
- ↑ 3,0 3,1 Balachowsky, A. S. (1953): "Sur les Kermes Boitard (Hom. Coccoidea) des chênes du bassin oriental de la Méditerranée". Revue de Pathologie Végétale et d'Entomologie Agricole de France 32: 181–189.
- ↑ echinate no Merriam Webster Dictionary.
- ↑ Kermes echinatus no GBIF.
- ↑ Spodek & Ben-Dov 2012.
- ↑ Porcelli & Pellizzari 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kermes echinatus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Kermes echinatus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172.
- Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88.
- Porcelli, F. & G. Pellizzari (2014): "Description of female nymphal instars and adult female of Kermes echinatus Balachowsky (Hemiptera, Coccoidea, Kermesidae) based on specimens from Crete and mainland Greece, with a discussion on geographical variation". Zootaxa 3878 (1): 61–74.
- Spodek, M. & Ben-Dov, Y. (2012): "Morphology of the first-instar nymph and adult female of Kermes echinatus Balachowsky, with a comparison to K. vermilio Planchon (Hemiptera, Coccoidea, Kermesidae)". ZooKeys 246: 11-26. Texto completo (en inglés).