Xénero tipo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unha femia de lavanco (Anas platyrhynchos) coa súa camada de patiños. Anas é o xénero tipo da familia dos anátidos.

En bioloxía, especialmente en zooloxía, chámase xénero tipo ao xénero que se usa para definir un grupo taxonómico de maior rango, como unha familia ou unha orde.

A partir deste xénero defínese a especie tipo e faise a descrición e caracterización do grupo.

Nomenclatura zoolóxica[editar | editar a fonte]

Segundo o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, International Code of Zoological Nomenclature (ICZN), «o tipo que leva o nome dun taxon nominal do grupo familiar é un xénero chamado "xénero tipo"». O nome do grupo familiar está baseado no do xénero tipo.[1]

Calquera nome do grupo familiar debe ter un xénero tipo (e calquera nome do grupo xénero debe ter unha especie tipo, pero calquera nome de grupo de especies pode, pero non necesariamente, ter un ou varios espécimes tipo). O xénero tipo para un nome de grupo familiar é tamén o xénero á cuxa raíz se engade o sufixo latino -idae (para as familias).

Exemplo: o nome da familia dos Anatidae ten como xénero tipo o xénero Anas Linnaeus, 1758.

Nomenclatura botánica[editar | editar a fonte]

Na nomenclatura botánica, a frase "xénero tipo" úsase, non oficialmente, como un termo de conveniencia. No Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas, International Code of Nomenclature for algae, fungi, and plants (ICN) esta frase non ten status. O Código usa espécimes de tipo para rangos de até a familia, e os tipos son opcionais para rangos máis altos.[2] O Código non se refire ao xénero que contén ese tipo como "xénero tipo".

Para as familias, o sufixo latino empregado pra engadir á raíz do nome do xénero tipo é -aceae (-áceas).[3]

Exemplo: o nome da familia das Rosaceae ten como xénero tipo o xénero Rosa Linnaeus 1753.
Exemplo: Poa é o xénero tipo da familia das Poaceae e da orde das Poales. É un xeito de dicir que os nomes Poaceae e Poales están baseados no nome xenérico Poa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ICZN Code Art. 63. "Name-bearing types."
  2. McNeill, J.; Barrie, F. R.; Buck, W. R.; Demoulin, V.; Greuter, W.; Hawksworth, D. L.; Herendeen, P. S.; Knapp, S.; Marhold, K.; Prado, J.; Prud'homme Van Reine, W. F.; Smith, G. F.; Wiersema, J. H.; Turland, N. J. (2012). International Code of Nomenclature for algae, fungi, and plants (Melbourne Code) adopted by the Eighteenth International Botanical Congress Melbourne, Australia, July 2011. Regnum Vegetabile 154. A.R.G. Gantner Verlag KG. ISBN 978-3-87429-425-6. 
  3. -aceas, en Font Quer, P. (1993): Diccionario de botanica. Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]