Kermes gibbosus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kermes gibbosus é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[1]

Como todas as cochinillas é un parasito de plantas, sendo o seu hospedeiro a especie de carballo Quercus cerris.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1875 polo farmacéutico, médico e entomólogo francés Victor Antoine Signoret,[3] no seu traballo "Essai sur les cochenilles ou gallinsectes (Homoptères - Coccides), 13e partie. Annales de la Société Entomologique de France 4: 545-558.[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Kermes.

O epíteto específico, gibossus, é o nominativo masculino do adxcectivo do latín tardío gibbossus, -a, um, que significa "xiboso", "que ten xiba", "chepudo", derivado do substantivo do latín clásico gibba, -ae, "xiba", "chepa".[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo protónimo (o nome que lle deu Signoret cando a describiu), a especie coñeceuse tamén polos sinónimo:[3][4]

  • Coccus gibbosus Cockerell, 1929
  • Kermes gibbifera Signoret, 1874
  • Kermococcus gibbosus Borchsenius, 1960
  • Talla gibbosa Lindinger, 1933

Distribución[editar | editar a fonte]

A especie encóntrase en Alemaña, Austria, Bulgaria, Hungría e Italia (incluíndo Sicilia).[6]

Características[editar | editar a fonte]

As femias adultas son esféricas, sen segmentación corporal aparente, co dorso dividido por sucos. O seu corpo é de cor parda avermellada escura con algunhas manchas negras, e está cuberto por un po de cera branca.[7]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Segundo Tsalev os ovos eclosionan durante o mes de xuño, e a especie pasa o inverno como unha ninfa de segundo estadio.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.
  2. Hoy, J. M. (1963): "A catalogue of rhe Eriococcidae (Homoptera: Cocoidea) of the world". New Zealand Department of Scientific and industrial Reseach Bulletin 150: 1-260.
  3. 3,0 3,1 Kermes gibbosus Signoret, 1875 no GBIF.
  4. 4,0 4,1 Signoret, V. 1875 en ScaleNet.
  5. gibbous no Merriam-Webster Unaabriged Dictionary.
  6. Hoy, J. M. (1963): "A catalogue of rhe Eriococcidae (Homoptera: Cocoidea) of the world". New Zealand Department of Scientific and industrial Reseach Bulletin 150: 1-260.
  7. Kosztarab, M. P. & Kozár, F. (1988): Scale Insects of Central Europe. Budapest: Akademiai Kiado. ISBN 978-94-009-4045-1.
  8. Tsalev, M. (1968): "Contribution to the scale insect fauna (Homoptera, Coccoidea) of the park and ornamental plants in Bulgaria". Bulletin of the Institute of Zoology and Museum, Acad. Bulg. Sci. 28: 205-218.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172.
  • Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88.
  • Signoret, V. (1875): "Essai sur les cochenilles ou gallinsectes (Homoptères - Coccides), 13e partie. Annales de la Société Entomologique de France 4: 545-558.

Outros artigos[editar | editar a fonte]