Kermes ilicis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Kermes ilicis
Cochinilla da aciñeira
Scale Insects (Kermes ilicis) on Holm Oak (Kercus ilex) (19551723743).jpg
Kermes ilicis sobre unha pola de aciñeira
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Sternorrhyncha
Superfamilia: Coccoidea
Familia: Kermesidae
Xénero: Kermes
Especie: K. ilicis
Nome binomial
Kermes ilicis
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
Véxase o teto

Kermes ilicis ou cochinilla da aciñeira, é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[1]

Parasito de especies de Quercus[editar | editar a fonte]

É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus, principalmente de Quercus ilex (do que toma o seu nome vulgar, da "aciñeira"), especie que se distribúe polas rexións costeiras da conca do Mediterráneo, (España, Italia, Francia, Grecia,Alxeria), encontrándose este insecto tamén en Portugal, Polonia, Hungría, Austria e Moldavia.[2]

Outras especies parasitadas por Kermes ilicis son Quercus toza, Q. suber, Q. pubescens e Q. coccifera.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Linneo en 1758, na páxina 455 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Coccus ilicis.[4][5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a espcie coñecuse tamén polos sinónimos seguintes:[3][4]

  • Coccus ilicis Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Coccus bauhini (Planchon, 1864)
  • Chermes ilicis (Linnaeus, 1758)
  • Chermes bauhini Planchon 1864
  • Lecanium ilicis (Linnaeus, 1758)
  • Kermes bauhini (Planchon, 1864)
  • Kermes bauhinii (Planchon, 1864) (nome inválido por erro gramatical)
  • Kermococcus ilicis (Linnaeus, 1758)

Uso como colorante e na fabricación de coiros[editar | editar a fonte]

Unha tintura natural vermella obtense quermes ou carmín, foi utilizada desde a antigüidade, ten aproximadamente unha décima parte do poder colorante da cochinilla. O colorante primario, o ácido quermésico, extráese con auga. Estas especies de Kermes tamén conteñen entre o 18 e o 32 % de taninos, polo que se usan para producir coiros de cor escura. O pigmento carmesí destes insectos fíxose a partir de fo quermes mediante extracción con álcalis e logo precipitándoo on trihidrato de alúmina (Al2O3·3H2O). Foi utilizado polos antigos exipcios, gregos e romanos. Esta tintura carmesí rara vez se usou despois de que o carmín se fixera popular no século XVI pola introdución da cochililla mexicana Dactylopius coccus, e deioxou de empregarse no século XIX.[6]

Dilucidación das especies Kermes ilicis e K. vermilio[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos consideráronse ambas as especies como conesperíficas. Pero grazas á determinación das drogas polos sues caracteres morfolóxicos externos ao estudialas usando o microscopio, permitiulle a Gustave Planchon corrixir as identificacións erróneas entre Kermes vermilio e Kermes ilicis, identficando a K. vermilio como especie separada.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.
  2. Kermes ilicis (Linnaeus, 1758) no GBIF.
  3. 3,0 3,1 Kermes ilicis en Scale Net info.
  4. 4,0 4,1 Kermes ilicis en ScaleNet.
  5. Coccus ilicis no Systema Naturae.
  6. Kermes en cameo.mfa.org (en inglés).
  7. Naturenet article with images and description of Kermes vermilio and its foodplant.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172.
  • Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88.
  • Schweppe, H. & H. Roosen-Runge (1986): "Carmine-Cochineal Carmine and Kermes Carmine". En Artists' Pigments, Volume 1, R. Feller (ed.), Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-0374-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]