Kermes roboris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kermes roboris é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos,[1] unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[2]

É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1785 polo químico, político e entomólogo francés Antoine François de Fourcroy, baixo o nome de Chermes roboris.[3][4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Kermes.

O epíteto específico, roboris é o xenitivo do nome do latín clásico rōbur, rōboris, "carballo".[5] Literalmente: "do carballo".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Chermes roboris Fourcroy, 1785 (protónimo)
  • Chermes variegatus Olivier, 1792
  • Coccus pallidus Cockerell, 1929
  • Coccus roboris Cockerell, 1929
  • Coccus variegatus Gmelin, 1790
  • Kermes pallidus Signoret, 1875
  • Kermes roboris Fernald, 1903
  • Kermes variegatus Gmelin, 1790
  • Kermococcus roboris Leonardi, 1918
  • Talla pallida Lindinger, 1933
  • Talla roboris Kawecki, 1936
  • Talla roboris subsp. simplex Lindinger, 1949

Distribución[editar | editar a fonte]

Esta especie encóntrase en Europa e en África do Norte ao sur dos 60°, en Alemaña, Austria, Belarús, Bulgaria, Croacia, Francia, España, Grecia, Hungría, Italia (incluída Sicilia), Marrocos, Moldavia, os Países Baixos, Polonia, Portugal, o Reino Unido, a República Checa, Turquía, Rusia, Ucraína e Xeorxia, e en Asia, na China.[6][7]

Especies parasitadas[editar | editar a fonte]

Kermes roboris desenvólvese nas pólas dalgunhas especies do xénero Quercus, téndose rexistrado nas seguintes: Quercus ilex, Q. petraea, Q. pubescens e Q. robur.[6]

Características[editar | editar a fonte]

Kermes roboris é unha grande e colorida cochinillas. As femias adultas presentan un corpo globoso, case esférico, de 8,5 mm de ancho, de cor amarela con bandas transversais e manchas ovaladas de cor parda. Os machos aínda non se coñecen.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kermes roboris (Fourcroy) no ITIS.
  2. Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinas 157-201.
  3. 3,0 3,1 Kermes roboris (Fourcroy, 1785) no GBIF.
  4. Kermes roboris (Fourcroy, 1785) en Catalogue of Life: 2019 Annual Checklist. ITIS. Species 2000.
  5. roboris en WordSense.eu Dictionary.
  6. 6,0 6,1 6,2 Cianferoni, F. 2019.
  7. Kermes roboris (Fourcroy, 1785) Arquivado 29 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en Kermes roboris (Fourcroy, 1785) In: Catalogue of Life.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172.
  • Cianferoni, F. (2019): "Review of Kermes roboris (Geoffroy, 1785), with new records for host plants, associated ants, occurrence, Italian distribution, and nomenclatural history (Hemiptera Coccoidea Kermesidae)". Journal of Zoology '102: 81-88.
  • Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88.
  • Gavrilov, Ilya A. (2010): "Descriptions of two new species of Pseudococcidae (Homoptera: Coccinea) and additions to the scale insect fauna of Bulgaria". Zootaxa 2635: 32-40.

Outros artigos[editar | editar a fonte]