Saltar ao contido

Kermes quercus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kermes quercus
Kermes quercus Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
K. quercus Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseInsecta
OrdeHemiptera
FamiliaKermesidae
XéneroKermes
EspecieKermes quercus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OTT71112 Editar o valor en Wikidata
CoL3R66W Editar o valor en Wikidata
EOL840413 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Kermes quercus é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[1]

É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus.[2]

Especies parasitadas

[editar | editar a fonte]

Quercus sessiliflora, Quercus robur e Quercus pubescens.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Linneo en 1758 na páxina 455 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Coccus quercus.[4][5]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[6][7]

  • Chermes reniformis Fourcroy, 1785
  • Coccus cambii Ratzeburg, 1844
  • Coccus quercus Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Kermes lindingeri King, 1914
  • Kermes quercus Cockerell, 1894
  • Kermes reniformis Signoret, 1875
  • Kermococcus quercus Henriksen, 1921
  • Physokermes reniformis Targioni Tozzetti, 1869
  • Talla quercus Lindinger, 1933

Características

[editar | editar a fonte]

As femias adultas teñen forma de corazón, co ventre en forma de cuña, avultada. A derme ten só un suco transversal e é de cor parda escura.[6]

As ninfas das femias no terceiro estadio (prepupa) teñen un corpo membranoso amplamente ovalado, con segmentación indistinta, antenas de 9 segmentos, patas con 3 segmentos, cos brotes das ás anteriores que se estenden ao redor da base das patas metatorácicas e un lóbulo medial amplamente arredondado. A pupa ten o corpo ovalado, alongado, cunha segmentación máis distinta e os apéndices máis desenvolvidos: antenas de 10 segmentos, patas de 5 segmentos, e os brotes das ás esténdense lateralmente máis alá da coxa das patas metatorácicas.[2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A especoi está amplamente distribuída en toda Europa, encontrándose comunmente sobre especies do xénero Quercus.[2]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Esta especie ten unha xeración por ano. Pasa o inverno coas ninfas no segundo estadio e mudan a adultos a finais de abril ou principios de maio en Alemaña. apaparéanse e comenzan a poñer huevos a partir de finais de maio, e os hovos eclosionan en 2 ou 3 semanas. As formigas e as abellas asócianse comunmente con esta especie atraídas polas grandes cantidades de sucos doces que segregan.[6]

En 2010 realizáronse investigacións en Polonia que complementan os resultados dun estudo do ciclo de vida de Kermes quercus realizado en 2008-2009. As últimas observacións leváronse a cabo desde principios de marzo até finais de novembro de 2010. Mostraron que K. quercus pasaba o inverno como ninfas do segundo estadio. Estas convirtéronse en adultos a principios de maio. A reprodución comezou a principios de xuño. As ninfas do primeiro estadio da nova xeración apareceron a mediados de xuño. Logo desenvolvérone durante uns 5 meses, despois do cal entraron na diapausa de inverno. Todas as observacións, realizadas en 2008-2010, mostraron que, baixo as condicións climáticas de Polonia, K. quercus é unha especie cuxo ciclo vital se desenvolve en dous anos. No primeiro ano pasa o inverno como ninfa do primeiro estadio, e no segundo ano como ninfa do segundo estadio.[8]

  1. Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.
  2. 1 2 3 Podsiadło, E. 2015.
  3. Hoy, J. M. (1963): "A catalogue of rhe Eriococcidae (Homoptera: Cocoidea) of the world". New Zealand Department of Scientific and industrial Reseach Bulletin 150: 1-260.
  4. Coccus quercus no Systema Naturae.
  5. Coccus Quercus Linnæus, 1758 Arquivado 29 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en ZooBank.
  6. 1 2 3 Kermes quercus Arquivado 31 de xaneiro de 2014 en Archive.is en ScaleNet.
  7. Kermes quercus (Linnaeus, 1758) no GBIF.
  8. Podsiało, E. 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172.
  • Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88.
  • Koteja J. & Żak-Ogaza, B. (1972): "Morphology and taxonomy of the male Kermes quercus (L.) (Homoptera, Coccoidea)". Acta Zoologica Cracoviensia 17 (8): 193–215.
  • Podsiało, E. (2013): "Life history of Kermes quercus (LINNAEUS) (Hemiptera: Kermesidae) in Poland". Polish Journal Entomology 82 (3): 151–158.
  • Podsiało, E. (2014): "Identification characters of nymphal instars and adult female of Kermes quercus (LINNAEUS, 1758) (Hemiptera: Kermesidae)". Polish Journal Entomology 83 (4): 259–268.
  • Podsiadło, E. (2015}: "Description of pupal instars of Kermes quercus (Linnaeus, 1758) (Hemiptera: Kermesidae). Polish Journal of Entomology 84 (3): 155–162. (Texto completo). Consultado o 27 de xuño de 2020)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]