Kenneth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kenneth é un antropónimo masculino inglés, escocés e escandinavo. É un nome anglicanizado procedente de dous nomes gaélicos completamente diferentes: Cainnech e Cinaed. A forma moderna de Cainnech é Coinneach; o nome deriva dunha palabra que significa "atractivo".​ O nome Cinaed deriva parcialmente da palabra celta *aidhu, co significado de "lume".​

Unha forma curta de Kenneth é Ken ou Kent. O diminutivo é Kenny.​

A onomástica de Kenneth é o 11 de outubro.

Persoas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]