Kenneth Anger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Kenneth Wilbur Anglemyer 3 de febreiro de 1927 Santa Monica, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de maio de 2023 (96 anos) Yucca Valley, Estados Unidos de América (pt) |
Relixión | Agnostic (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filme experimental (pt) , documental, literatura científica (pt) e Vangardas |
Lugar de traballo | Os Ánxeles Italia |
Ocupación | actor, escritor, realizador, cineasta, documentalista, montador, guionista, produtor de cinema, director de cinema, actor de cinema |
Período de actividade | 1937 - década de 2010 |
Xénero artístico | Arte erótica (pt) |
Pseudónimo literario | Kenneth Anger |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb (en) |
Páxina web | kennethanger.org |
|
Kenneth Wilbur Anglemeyer, nado en Santa Monica (California) o 3 de febreiro de 1927 e finado en Yucca Valley (California), o 11 de maio de 2023,[1] foi un director de cinema underground, autor e actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anger é coñecido polos seus filmes experimentais, nos que non buscaba alcanzar o éxito comercial. Especializouse en curtametraxes, facendo desde 1937 máis de corenta filmes, gañando fama coma un dos cineastas máis influentes do cinema independente.
Moi frecuentemente os seus filmes mesturan elementos do surrealismo co homoerotismo e o ocultismo. Os seus filmes tamén foron descritos como "contidos de erotismo, documental, psicodrama e espectáculo". Anger describiuse a si mesmo como sendo "un dos primeiros cineastas homosexuais dos Estados Unidos, e, certamente, o primeiro que traballou coa homosexualidade de forma nada discreta. Algúns dos seus principais filmes homoeróticos, tales como Fireworks (1947) e Scorpio Rising (1964), foron producidos a favor da legalización da homosexualidade nos Estados Unidos. Concentrouse tamén nos temas do ocultismo, tornándose obcecado polo famoso ocultista inglés Aleister Crowley. El mesmo, máis tarde, volveuse tamén seguidor da Thelema, a relixión de Crowley. Esta influencia é bastante evidente en filmes como Inauguration of the Pleasure Dome (1954), Invocation of My Demon Brother (1969) e, principalmente, Lucifer Rising (1972).
Anger dixo que os cineastas franceses Auguste e Louis Lumière e Georges Méliès son as súas influencias, e dixo tamén que foron unha forte influencia nos traballos de cineastas contemporáneos, como Martin Scorsese, David Lynch e John Waters. Ademais dixo tamén que causou "un impacto profundo no traballo de moitos cineastas e artistas".
Durante a década de 1960 e 1970 traballou e asociouse con diversos famosos da cultura popular e do ocultismo, incluíndo Anton LaVey (fundador da Igrexa de Satán), o sexólogo Alfred Kinsey, o artista Jean Cocteau, o dramaturgo Tennessee Williams e músicos como Mick Jagger, Keith Richards, Jimmy Page e Marianne Faithfull.
Kenneth Anger é tamén o autor dos controvertidos best-séllers Hollywood Babylon (1959) e a súa secuela Hollywood Babylon II (1986), nos que expón varios rumores e segredos sobre as celebridades de Hollywood.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Duración | Notas |
---|---|---|---|
1937 | Ferdinand the Bull | Filme perdido. | |
1941 | Who Has Been Rocking My Dreamboat | 7 min | Filme mudo en branco e negro no que Anger filmou doce nenos en Santa Monica, intercalando imaxes de guerra e destrución. O filme remata cando unha néboa enche todo o escenario e todos os nenos caen, aparentemente mortos. |
1941–42 | Tinsel Tree | 3 min | Filme mudo en branco e negro no que aparece o propio Anger. |
1942 | Prisoner of Mars | 11 min | Filme mudo en branco e negro que mestura ciencia ficción co mito grego do Minotauro. |
1943 | The Nest | 20 min | Filme mudo en branco e negro no que un irmán (interpretado por Bob Jones) e unha irmá (interpretada por Jo Whittaker) están examinando espellos cando unha terceira persoa (Dare Harris) aparece, facéndolles reaccionaren violentamente un co outro. |
1944 | Demigods (Escape Episode) | 35 min | Filme mudo en branco e negro, baseado no mito grego de Andrómeda, no que unha rapaza, Marilyn Granas, é aprisionada nas ruínas dunha igrexa neogótica, vixiada por diversos fanáticos relixiosos, ata que a salva un rapaz (Bob Jones), que representa a Perseo. |
1945 | Drastic Demise | 5 min | Filme mudo en branco e negro no que Anger filma en Hollywood o día da vitoria contra o Xapón. |
1946 | Escape Episode | 27 min | Versión curta de Demigods (Escape Episode), que mostra un poema de Alexander Scriabin sobre o Ecstasy, sobreposto ao barullo de paxaros, vento e mar. |
1947 | Fireworks | 15 min | Filmado en branco e negro, é un traballo homoerótico a través dos ollos do protagonista, interpretado polo propio Kenneth Anger. |
1949 | Puce Moment | 6 min | Filmado en cores, mostra a Yvonne Marquis na súa casa, no papel dunha celebridade. A música é de Jonathan Halper, e o filme termina con Yvonne Marquis experimentando perfumes e vestidos. |
1949 | The Love That Whirls | Descoñecido | Influenciado polo texto antropolóxico de James Frazer, o filme se concentra na civilización azteca, e mostra un mozo que é escollido para ser rei durante un ano antes de ser sacrificado nun ritual. Debido ao seu tema e contido explícito, que mostra nudez, o filme foi destruído pola Eastman-Kodac. |
1950 | Rabbit's Moon | 16 mins (1972) e 7 mins (1979) | Filmado en 35 mm, o filme mostra un pequeno clareiro arborizado onde vive un pallaso, que decide ir á lúa, onde vive un coello. |
1951–52 | Les Chants de Maldoror | Descoñecido | Filme baseado na novela Le Comte de Lautreamont, de Isidore Ducasse. |
1953 | Eaux d'Artifice | 12 min | |
1953 | Le Jeune Homme et la Mort | Descoñecido | Baseado nunha peza de Jean Cocteau, este filme mudo en branco e negro ten a Jean Babilee no papel do mozo e a Nathalie Philipart no papel da morte. Foi filmado en 16 mm, pois os produtores querían conseguir fondos para facer unha versión en cores en 35mm que nunca se concretou. |
1954 | Inauguration of the Pleasure Dome | 38 min | |
1955 | Thelema Abbey | 10 min | Documental sobre o mosteiro de Thelema de Aleister Crowley, en Sicilia. |
1961 | L'Histoire d'O | 20 min | Baseado na novela Histoire d’O, de 1954, escrita por Pauline Réage. |
1963 | Scorpio Rising | 29 min | |
1965 | Kustom Kar Kommandos | 3 min | Filme en cores. |
1969 | Invocation of My Demon Brother | 12 min | |
1970–1980 | Lucifer Rising | 29 min | |
1976 | Senators in Bondage | Filme perdido. | |
1977 | Matelots en Menottes | Filme perdido. | |
1979 | Denunciation of Stan Brakhage | 7 min | Filme perdido. |
2000 | Don't Smoke That Cigarette! | ||
2002 | The Man We Want to Hang | 12 min | |
2004 | Anger Sees Red | 4 min | |
2004 | Patriotic Penis | ||
2005 | Mouse Heaven | 11 min | Montaxe de recordos de Mickey Mouse, dos anos 20 aos 30, acompañado por música de jazz. |
2007 | Elliott's Suicide | 15 min | |
2007 | I'll Be Watching You | 5 min | |
2007 | My Surfing Lucifer | 4 min | Filme mudo en cores. |
2008 | Death | 42 s | |
2008 | Foreplay | 7 min | |
2008 | Ich Will! | 35 min | |
2008 | Uniform Attraction | 21 min | |
2010 | Missoni | 2 min 32 s |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Year | Title | Other |
---|---|---|
1959 | Hollywood Babylon | |
1961 | A History of Eroticism | Introdución ao libro de Lo Duca. |
1970 | Atlantis: The Lost Continent | Introdución ao libro de Aleister Crowley. |
1986 | Hollywood Babylon II | |
2001 | Suicide in the Entertainment Industry | Con David K. Frasier. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hutchinson, Alice L. (ed). 2004. Kenneth Anger. Black Dog Publishing Ltd. ISBN 978-1-904772-03-3
- Hunter, Jack (ed). 2002. Moonchild. The Films of Kenneth Anger: Persistence of Vision Volume 1. Londres: Creation Books. ISBN 978-1-84068-029-4
- Pilling, Jayne and O'Pray, Michael. 1989. Into The Pleasure Dome: The Films Of Kenneth Anger. Londres: BFI.
- Landis, Bill. 1995. Anger: The Unauthorized Biography of Kenneth Anger. ISBN 978-0-06-016700-4
- Lazar, Zachary, Sway, Little, Brown (2008), ISBN 0-316-11309-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 26 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Kenneth Anger na IMDb (en inglés).
- Artigo sobre Kustom Kar Kommandos
- NNDb profile
- ↑ Italie, Hillel. "Kenneth Anger, influential avant-garde filmmaker and author, dies at 96". Associated Press. Consultado o 24 de maio de 2023.