Ken Downing
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1917 Staffordshire, Reino Unido (pt) |
Morte | 3 de maio de 2004 (86 anos) Monte Carlo, Mónaco |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Kenneth Henry Downing, nado en Chesterton (Staffordshire) o 5 de decembro de 1917 e finado en Montecarlo o 3 de maio de 2004, foi un piloto de automobilismo inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Downing naceu nunha familia adiñeirada, cuxos intereses incluía fábricas, transporte e garaxes.[1] Comezou a competir aos 21 anos, competiu no seu primeiro evento no Rally de Eastbourne Rally nun Healey, e competiu en carreiras de automóbiles deportivos ao longo da década de 1940. Inicialmente competía cun Brooke Special, cambiou a un Connaught en 1951,[1] gañando 17 carreiras ao longo do ano.[2]
Downing cambiou aos monoprazas en 1952 correndo cun Connaught A-Type, e gañou a Madgwick Cup en Goodwood e quedou no segundo lugar no Grand Prix des Frontières en Chimay, Bélxica, onde perdeu o liderado ao final da carreira varios metros antes da liña de meta.[3] Terminou noveno na súa primeira carreira no campionato mundial en Silverstone, pero correu no cuarto lugar na carreira antes de trompear cando dobraba un atrasado.[1] Competiu no Gran Premio dos Países Baixos de 1952 máis tarde ese ano, pero retirouse cun problema de presión de aceite.[3] Cambiouse a un Aston Martin DB3S para 1953, pero decidiu retirarse das carreiras pouco despois.[4]
Emigrou a Suráfrica en 1955 e despois viviu en Mónaco onde morreu en 2004.[5] A súa filla Ann casou con Patrick McNally, cuxa compañía Allsport Management controla a hospitalidade e a publicidade corporativa dos circuítos de Fórmula Un.[1]
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Connaught Engineering | Connaught Type A | Lea-Francis | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR 9 |
ALE | NED Ret |
ITA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ken Downing profile". GrandPrix.com. Inside F1. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ "F1 statistics- Ken Downing". Gran Prix Archive (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 01 de abril de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 Williamson, Martin. "Ken Downing profile". ESPNF1.com. ESPN. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ "DRIVER Downing, Ken". Gran Prix Archive. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013.
- ↑ Jenkins, Richard. "Where are they now: Ken Downing". Old Racing Cars. Consultado o 30 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ken Downing |