Saltar ao contido

Ken P. Aplin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKen P. Aplin
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1958 Editar o valor en Wikidata
Ealing, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xaneiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Pappinbarra, Australia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteglioblastoma multiforme (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo, mastozoólogo, herpetólogo, paleontólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorWestern Australian Museum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaAplin Editar o valor en Wikidata

Kenneth P. Aplin, nado o 9 de outubro de 1958, e finado en 2010, é un biólogo australiano coñecido como Ken P. Aplin, que foi investigador asociado ao Instituto Smithsoniano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1981, obtivo o título de B.A. (Bachelor of Arts)[1] en arqueoloxía na Australian National University e, en 1990, o de doutor en bioloxía na Universidade de Nova Gales do Sur, de Sydney.

Os seus intereses en investigación centráronse principalmente non só nos mamíferos terrestres da fauna das rexións Australo-Papúa e da liña de Wallace, senón que se estendeu fóra destas rexións tamén aos roedores murinos do Vello Mundo.[2]

Taxons descritos

[editar | editar a fonte]

Entre outros, describiu a familia dos Acrobatidae, marsupiais da orde dos Diprotodontia (citado en M. Archer (ed.), Possums and Opossums: xxii).[3]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Aplin emprégase para recoñecer a Ken P. Aplin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Equivalente ao actual nivel de grao nos plans de estudos de Europa.
  2. Ken P. Aplin Arquivado 10 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na web do Department of Vertebrate Zoology da Smithsonian Institution.
  3. Acrobatidae en MSW.