Kenneth D. Cameron
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de novembro de 1949 Cleveland |
| Educación | Universidade Estatal de Míchigan Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Escola de Pilotos de Test Naval dos Estados Unidos |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, empresario, aviador, astronauta, enxeñeiro |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
| Rango militar | coronel (pt) |
| Participou no conflito | guerra do Vietnam |
| Tempo no espazo | 23 días, 10 horas e 11 minutos |
| Premios | |
Kenneth Donald Cameron é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-37, STS-56 e STS-74. Pasou un total de 23,42 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cameron naceu o 29 de novembro de 1949 en Cleveland, Ohio. É graduado en ciencia aeronáutica e astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1978, e máster polas mesmas materias en 1979. Graduouse na Escola de Pilotos de Proba da Armada dos Estados Unidos en 1983. Fixo varios cursos de idioma ruso e sistemas espaciais rusos no MIT, o JSC e o Centro de Adestramento Cosmonauta Gagarin en Moscova. Ten un máster en administración de empresas pola Universidade do Estado de Míchigan en 2002. Está casado e ten dous fillos. Entre as súas afeccións están o atletismo, a carpintería e o motociclismo.[1][2]
Foi seleccionado como candidato pola NASA en maio de 1984, converténdose oficialmente en astronauta en xuño de 1985. Formou parte da tripulación das misións STS-37 como piloto e das STS-56 e STS-74 como comandante.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 NASA, ed. (2018). "KENNETH D. CAMERON (COLONEL, USMC, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2018.
- 1 2 3 Mark Wade (2018). "Cameron, Kenneth Donald" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kenneth D. Cameron |