Boise, Idaho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Boise
Boise Idaho.jpg
Situación xeográfica
IDMap-doton-Boise.PNG
País: Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado: Idaho
Condado: Condado de Ada
Incorporada:
Alcalde: David H. Bieter
Xeografía
Altitude: 823 m msnm
Superficie: 165,7 km² km²
Poboación
Poboación total: 193.161
Densidade de poboación: 1.147,4 hab./km²
Información
Sitio na web: http://www.cityofboise.org

Boise é a capital do estado de Idaho dos Estados Unidos. Conta con 193.628 habitantes (2006) e 518.853 habitantes na súa área metropolitana. Está situada a beiras do río Boise, ao pé das Montañas Rochosas. É o principal centro comercial e industrial do estado e unha das cidades que máis crecen do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Boise está situada no condado do Ada. Para distinguir entre a cidade capital de Idaho e o condado próximo de Boise úsanse os termos "cidade de Boise" ou de "Boise City". Boise City está situada en 43°36'49 " ao norte, 116°14'16 " ao oeste (43.613739, -116.237651)GR1.

Segundo a oficina de censo de Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 165,7 km² . Destes, 165,2 km² é terra e 0,5 km² é auga. A área total é 0,33% auga.