Juan Manuel Cabrejo
| Nome orixinal | Juan Manuel Cabrejo Pasantes | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacemento | 26 de maio de 1975 (50 anos) Camariñas, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| País de nacionalidade | Galiza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,72 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Juan Manuel Cabrejo Pasantes, nado en Camariñas o 26 de maio de 1975, é un exfutbolista galego que xoga na demarcación de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando profesionalmente no Betanzos CF pasando despois ao filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo na tempada 1998/99. No mercado de inverno da tempada 2000/01 fichou polo SD Eibar. Porén ao rematar a tempada cambiou de equipo fichando polo Elche CF, onde tampouco remata contrato ao acabar xogando no AD Ceuta.
No ano 2004 volveu a Éibar, e ao ano seguinte fichou polo FC Cartagena, equipo no que máis tempo seguido estaría e co que afrontou o intento de ascenso a Primeira División varios ano consecutivos.
No 2009 fichou polo CCD Cerceda Terceira División galega. En 2012 volveu cambiar de equipo, esta vez polo SDC Órdenes.
Coa selección de fútbol
[editar | editar a fonte]No ano 2005 foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia, ao ser convocado para disputar o encontro amigábel ante o Uruguai no estadio de San Lázaro, cun resultado de 3-1 a favor de Galiza.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 2011 saíu escollido concelleiro en Camariñas polo PSdeG-PSOE[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Juan cabrejo, del fútbol a la concejalía de deportes". El Correo Gallego (en castelán). 29 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 24 de xuño de 2015.
- Nados en 1975
- Nados en Camariñas
- Concelleiros de Camariñas
- Defensas de fútbol
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Xogadores do Betanzos CF
- Xogadores da SD Compostela B
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do AD Ceuta
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do CCD Cerceda
- Xogadores da SDC Órdenes
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia