Arenas Club de Getxo
| Arenas de Getxo | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Arenas Club de Getxo | ||
| Alcume(s) | O histórico | ||
| Fundación | 1909 | ||
| Estadio | Gobela, Getxo, Biscaia | ||
| Inauguración | 1948 | ||
| Capacidade | 1.200 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 2ªB – Grupo 2 | ||
| 2015–16 | 8.º | ||
| Na rede | |||
| http://www.arenasclub.com | |||
| |||
O Arenas Club de Getxo (en éuscaro: Getxoko Arenas) é un club de fútbol vasco, da cidade de Getxo en Biscaia. Foi fundado en 1909 e xoga no Grupo 2 da Segunda División B.
Foi un dos equipos máis importantes do fútbol español durante o primeiro terzo do século XX cando gañou 1 Copa do Rei en 1919 e 3 subcampionatos en 1917, 1925 e 1927. Ademais, xogou 7 tempadas consecutivas en Primeira División.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras manifestacións de fútbol na cidade datan do 1901, pero non foi ata o 1909 cando se fundou o Arenas Football Club. O ano 1912 pasou a denominarse Arenas Club e o 1917 adoptou a denominación definitiva de Arenas Club de Getxo.
O club destacou principalmente ao primeiro terzo de século XX. Estableceu unha forte rivalidade coa Athletic Club de Bilbao. Non foi ata o 1917 que conseguiu vencer no Campionato Norte vencendo o resto de equipos vascos. Este mesmo ano foi finalista da Copa de España pero foi derrotado polo Madrid na final disputada en Barcelona. Dous anos máis tarde gañou o campionato de Biscaia e proclamouse campión de Copa ao vencer ó Barça na final o 18 de maio de 1919 ao estadio Martínez Campos de Madrid cun marcador final de 5-2. A aliñación do equipo foi Jáuregui; Vallana, Careaga; Uriarte, Arruza, José María Peña; Ibaibarriaga, Pagaza, Sesúmaga, Barturen e Florencio Peña. O club aínda foi dous veces máis finalista de Copa os anos 1925 e 1927.
O ano 1928 o Arenas foi un dos 10 equipos seleccionados para disputar a primeira liga española, na que rematou quinto. A seguinte tempada, a 1929-30, rematou terceiro, a súa mellor clasificación. Aqueles anos o fútbol empezou a profesionalizarse e o Arenas empezou a perder importancia. Rematou 10º e último a tempada 1933-34, pero a ampliación da categoría a 12 equipos salvárono do descenso. A seguinte campaña rematou 12º e perdeu a categoría, que nunca máis volveu recuperar. En total xogou 7 tempadas na Primeira División. O seu último grande éxito foi a vitoria na Copa Vasca da tempada 1935-36.
O ano 1944 baixou a Terceira División. Só volveu subir a Segunda B na tempada 1979-80.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 7
- Tempadas en 2ª: 6
- Tempadas en 2ªB: 1
- Tempadas en 3ª: 59 (Incluída a 2012/13)
- Mellor posto na liga: 3º (Primeira División, tempada 1929–30).
- Peor posto na liga: 12º (Primeira División, tempada 1934–35).
Historial na liga
[editar | editar a fonte]| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 1928/29 | 1ª | 5º |
| 1929/30 | 1ª | 3º |
| 1930/31 | 1ª | 5º |
| 1931/32 | 1ª | 5º |
| 1932/33 | 1ª | 7º |
| 1933/34 | 1ª | 10º |
| 1934/35 | 1ª | 12º |
| 1935/36 | 2ª | 2º |
| 1939/40 | 2ª | 7º |
| 1940/41 | 2ª | 8º |
| 1941/42 | 2ª | 7º |
| 1942/43 | 2ª | 4º |
| 1943/44 | 2ª | 12º |
| 1944/45 | 3ª | 2º |
| 1945/46 | 3ª | 1º |
| 1946/47 | 3ª | 1º |
| 1947/48 | 3ª | 8º |
| 1948/49 | 3ª | 13º |
| 1949/50 | 3ª | 3º |
| 1950/51 | 3ª | 10º |
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 1951/52 | 3ª | 16º |
| 1952/53 | 3ª | 10º |
| 1953/54 | 3ª | 3º |
| 1954/55 | 3ª | 9º |
| 1955/56 | 3ª | 4º |
| 1956/57 | 3ª | 4º |
| 1957/58 | 3ª | 4º |
| 1958/59 | 3ª | 7º |
| 1959/60 | 3ª | 1º |
| 1960/61 | 3ª | 3º |
| 1961/62 | 3ª | 3º |
| 1962/63 | 3ª | 2º |
| 1963/64 | 3ª | 3º |
| 1964/65 | 3ª | 5º |
| 1965/66 | 3ª | 9º |
| 1966/67 | 3ª | 6º |
| 1967/68 | 3ª | 7º |
| 1968/69 | 3ª | 15º |
| 1969/70 | 3ª | 15º |
| de 70-71 | Rexional | — |
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| a 75-76 | Rexional | — |
| 1976/77 | 3ª | 13º |
| 1977/78 | 3ª | 13º |
| 1978/79 | 3ª | 2º |
| 1979/80 | 2ªB | 18º |
| 1980/81 | 3ª | 2º |
| 1981/82 | 3ª | 18º |
| 1982/83 | Rexional | — |
| 1983/84 | 3ª | 6º |
| 1984/85 | 3ª | 11º |
| 1985/86 | 3ª | 13º |
| 1986/87 | 3ª | 12º |
| 1987/88 | 3ª | 13º |
| 1988/89 | 3ª | 14º |
| 1989/90 | 3ª | 17º |
| 1990/91 | 3ª | 10º |
| 1991/92 | 3ª | 8º |
| 1992/93 | 3ª | 8º |
| 1993/94 | 3ª | 6º |
| 1994/95 | 3ª | 19º |
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 1995/96 | Rexional | — |
| 1996/97 | Rexional | — |
| 1997/98 | 3ª | 13º |
| 1998/99 | 3ª | 8º |
| 1999/00 | 3ª | 3º |
| 2000/01 | 3ª | 7º |
| 2001/02 | 3ª | 9º |
| 2002/03 | 3ª | 10º |
| 2003/04 | 3ª | 10º |
| 2004/05 | 3ª | 7º |
| 2005/06 | 3ª | 5º |
| 2006/07 | 3ª | 11º |
| 2007/08 | 3ª | 12º |
| 2008/09 | 3ª | 12º |
| 2009/10 | 3ª | 15º |
| 2010/11 | 3ª | 7º |
| 2011/12 | 3ª | 14º |
| 2012/13 | 3ª | 2º |
Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]
Guillermo Gorostiza
Javier Iturriaga
Raimundo Lezama
Joseba del Olmo
Félix Sesúmaga
José María Zárraga
Adestradores destacados
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Copa do Rei (1): 1919.
- Subcampión da Copa do Rei (3): 1917, 1925, 1927.
Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Campionato do Norte (3): 1917, 1919, 1922.
- Campionato de Biscaia (2): 1925, 1927.
- Copa Vasca (1): 1936.