Jarrett Jack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jarrett Jack
Posición Base
Información persoal
Nacemento 28 de outubro de 1983 (40 anos)
Fort Washington, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto DeMatha Catholic High School
(Hyattsville, Maryland)
Mt. Zion Christian Academy
(Durham, North Carolina)
St. Vincent Pallotti High School
(Laurel, Maryland)
Worcester Academy
(Worcester, Massachusetts)
Universidade Georgia Tech (2002–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Denver Nuggets
Carreira 2005–2021
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2005–2008)
Indiana Pacers (2008–209)
Toronto Raptors (2009–2010)
New Orleans Hornets (2010–2012)
Golden State Warriors (2012–2013)
Cleveland Cavaliers (2013–2014)
Brooklyn Nets (2014–2016)
New Orleans Pelicans (2017)
New York Knicks (2017–2018)
Sioux Falls Skyforce (2019–2020)
NBA G League Ignite (2021)

Jarrett Matthew Jack, nado en Fort Washington (Maryland) o 28 de outubro de 1983, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois do instituto, Jack foi e xogou con Georgia Tech en Atlanta, Xeorxia.[1] No seu ano coma sophomore (2003-04) axudou a Georgia Tech a chegar ás Finais da NCAA con 12,5 puntos e 5,1 asistencias por partido. No seu último ano acadou 15,5 puntos, 4,8 rebotes e 4,5 asistencias.

Jack entrando a canastra nun partido contra Miami Heat.

Despois do seu ano coma júnior en Georgia Tech, optou por entrar no Draft da NBA de 2005, onde foi seleccionado polos Denver Nuggets na 22ª posición. A noite do draft, Jack foi traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de Linas Kleiza (27ª elección) e Ricky Sánchez (35ª elección).

Coma rookie en 2005-06, Jack estaba por detrás de Steve Blake e de Sebastian Telfair, o que fixo que tivera moi poucos minutos. Blake foi traspasado aos Milwaukee Bucks e Telfair aos Boston Celtics nun traspaso entre varios equipos durante o verán de 2006. Coa súa ausencia, Jack colleu o posto de base titular co adestrador Nate McMillan na tempada 2006-07, incrementando esaxeradamente as súas medias. Coa volta de Steve Blake na tempada 2007-08, Jack volveu outra vez ao rol de sexto home.

O 9 de xullo de 2008, Jack foi traspasado aos Indiana Pacers xunto con Josh McRoberts e a elección do draft Brandon Rush, a cambio de Ike Diogu e Jerryd Bayless.[2]

O 13 de xullo de 2009, Jack asinou un contrato por 4 anos cun valor de 20 millóns de dólares cos Toronto Raptors.[3] Os Pacers tiñan sete días para igualar a oferta, pero decidiron non facelo.

O 20 de novembro de 2010, Jack foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto con Marcus Banks e David Andersen, a cambio de Peja Stojaković e Jerryd Bayless.[4]

O 11 de xullo de 2012, foi traspasado ós Golden State Warriors nun traspaso entre tres equipos, incluíndo os Philadelphia 76ers, quen recibiron a Dorell Wright de Golden State.[5]

O 12 de xullo de 2013, Jack asinou cos Cleveland Cavaliers.[6]

O 10 de xullo de 2014, Jack foi traspasado ós Brooklyn Nets nun traspaso entre os Nets, os Cavaliers e os Boston Celtics.[7] O 30 de xuño de 2016, foi cortado polos Nets.[8]

O 15 de xullo de 2016, Jack asinou cos Atlanta Hawks.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "All ACC Faces in the Crowd: Jarrett Jack". The Technique. 2004-09-03. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2007-05-17. 
  2. "Pacers announce two trades; acquire seven players". NBA.com. 2008-07-09. Consultado o 2009-07-13. 
  3. "Raptors Sign Jack To Offer Sheet". NBA.com. 2009-07-13. Consultado o 2009-07-14. 
  4. "HORNETS ACQUIRE JACK, ANDERSON AND BANKS FROM RAPTORS". NBA.com. 2010-11-20. Consultado o 2010-11-21. 
  5. "New Orleans Hornets Trade Jarrett Jack To Golden State Warriors". Rantsports.com. 2012-7-11. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2012-7-11. 
  6. Cavaliers Sign Jack and Clark
  7. Brooklyn Nets Acquire Jarrett Jack and Sergey Karasev
  8. Brooklyn Nets Waive Jarrett Jack
  9. "Hawks Re-Sign Humphries, Add Jack And Delaney". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xullo de 2016. Consultado o 15 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]