José Moreno Villa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Moreno Villa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Málaga (España) Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Cidade de México (México) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitución Libre de Enseñanza
St. Stanislaus Kostka College, Málaga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador da arte , crítico literario , escritor , bibliotecario , arquiveiro , profesor universitario , poeta , tradutor , lingüista , pintor , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 107853

José Moreno Vila, nado en Málaga o 16 de febreiro de 1887 e finado en Cidade de México o 25 de abril de 1955, foi un arquiveiro, bibliotecario, poeta, articulista, crítico, historiador de arte, documentalista, debuxante e pintor español. Enmarcado na Xeración do 27, durante a Segunda República Española foi director do Arquivo do Palacio Nacional de España. Coa Guerra civil española exiliouse nos Estados Unidos e posteriormente en México.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia da burguesía malagueña de ideoloxía conservadora dedicada ao comercio internacional. Fillo de José Moreno Castañeda, deputado conservador e membro de Unión Monárquica Nacional, e de Rosa Vila Corró. Neto de Miguel Moreno Mazón, alcalde de Málaga polo Partido Conservador e amigo de Cánovas. A familia comerciaba co viño de Málaga, polo que seu pai enviouno a estudar química a Alemaña entre 1904 e 1908. Porén, non chegou a terminala, xa que «non podía nin quería dedicarme a analizar viños en Málaga». Ao seu regreso comezou a relacionarse coas personalidades artísticas de Málaga, que se reunía nos faladoiros do Café Inglés na rúa Larios. Alí coñeceu outros poetas como Emilio Prados, Manuel Altolaguirre, José María Hinojosa ou José María Souvirón. Editou a revista Gibralfaro, precursora do animado panorama cultural da cidade, e outras revistas malagueñas como Ambos, Vida Gráfica ou a celebérrima Litoral, de Altolaguirre e Prados.

Xa en Madrid colaborou coa Institución Libre de Ensino, frecuentou a Residencia de Estudiantes e fixo amizade con Alberto Sánchez Pérez e Benjamín Palencia. Con eles participou en 1925 na Exposición da Sociedad de Artistas Ibéricos no Parque do Retiro, e acompounos na coñecida como primeira Escola de Vallecas.[1] Compuxo a revista Arquitectura desde 1927 até 1933, colaborou coa editorial Calleja desde 1917 até 1921 e no Centro de Estudios Históricos desde 1910 até 1916.[2]

Co seu labor como historiador especializado en arte e responsábel de arquivos, contribuíu á investigación do patrimonio artístico español e á divulgación da arquitectura moderna que empezaba a realizarse en España a partir dos anos 20. Foi o primeiro crítico e analista de arquitectura desde a súa sección semanal no diario El Sol, o seu traballo na revista oficial da Escola de Arquitectura de Madrid e como organizador da primeira visita de Le Corbusier a España.

En 1921 exerceu de bibliotecario no Instituto Jovellanos de Xixón, elaborou o Catálogo de debuxos de devandita institución e traduciu do alemán Conceptos fundamentales en la Historia del arte, de Heinrich Wölfflin. Pouco antes a editorial Calleja publicáralle o seu libro sobre Velázquez. En 1931 foi nomeado xefe do Arquivo do Palacio Real, no que investigou sobre os bufóns que pintou Velázquez. Reuniu valiosa información e elaborou un catálogo formal sobre a cuestión que publicou, xa en México, co título de Locos, enanos, negros, y niños palaciegos (1939).[2] En 1937 integrouse en México no grupo de intelectuais co que se relacionara en Montparnasse: Federico Cantú, Alfonso Reyes, Luis Cardoza y Aragón e Renato Leduc.

Chegou a México o 7 de maio dese ano. Traballou clasificando cadros de Bens Nacionais, ofreceu conferencias e participou con debuxos e pinturas en varias exposicións celebradas en 1937 e 1938. Integrouse na Casa de España en México, que iniciou as súas actividades en 1938, e en xaneiro de 1939 casou con Consuelo Nieto, viúva de Genaro Estrada.[2]

O seu compromiso coa Segunda República española levouno ao exilio nos Estados Unidos e logo en México onde, como el mesmo admite, a súa produción se 'mexicaniza'. Sobre este país escribiu Cornucopia mexicana. En 1944 publicou a súa autobiografía, Vida en claro, nunha edición conxunta de El Colegio de México e o Fondo de Cultura Económica.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Juan Ramón Jiménez deixou dous retratos irónicos del en Españoles de tres mundos: "Non sei que ten ese amigo que sempre que vén sempre vén ben", "é de madeira escollida, espida, natural a treitos, ou raramente estufada aquí e alá con sobriedade e rigor". Pola súa banda, o escritor Antonio Muñoz Molina incluíuno na súa novela La noche de los tiempos como un dos amigos do protagonista principal, Ignacio Abel. Reivindicou así a súa figura como precursor de ideas que non soubo ou non puido rendibilizar e que outros utilizarían como propias. En 1989 a súa biblioteca persoal levouse á Residencia de Estudantes.[3]

En 1998 recibiu o título de Fillo da provincia de Málaga. O Museo de Málaga conserva corenta e nove das súas obras, realizadas en técnicas diferentes e distintos estilos.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Garba (1913)
  • El pasajero, prólogo de José Ortega y Gasset (1914)
  • Luchas de Pena y Alegría y su transfiguración (1915)
  • Evoluciones. Cuentos, Caprichos, Bestiario, Epitafios y Obras paralelas (1918)
  • Colección. Poesías (1924)
  • Jacinta la Pelirroja. Poema en poemas y dibujos (1929)
  • Carambas (1931)
  • Puentes que no acaban. Poemas (1933)
  • Salón sin muros (1936)
  • Puerta severa (1941)
  • La noche del Verbo (1942)
  • Voz en vuelo a su cuna (Avance de ese libro inédito) (1961)
  • Voz en vuelo a su cuna prólogo de León Felipe e epílogo de Juan Rejano (1961)

Escolmas (selección)[editar | editar a fonte]

  • La música que llevaba. Antología poética (1913-1947) (1949)
  • La poesía de José Moreno Villa (1963)
  • Antología, Edición de Luis Izquierdo Salvador (1982)
  • Bestiario, Presentación de Mario Hernández (1985)
  • Bestiario: 1917 (1985)
  • Colección de poesías (1987).
  • José Moreno Villa, vida y poesía antes del exilio (1887-1937) (1990)
  • La música que llevaba. Antología poética. Edición de Juan Cano Ballesta (2010)

Crítica artística[editar | editar a fonte]

  • Velázquez (1920)
  • Dibujos del Instituto Jovellanos (1926)
  • La escultura colonial mexicana (1941)
  • Lo mexicano en las artes plásticas (1948)
  • Temas de arte. Selección de escritos periodísticos sobre pintura, escultura, arquitectura y música (1916-1954) (2001)
  • Función contra forma y otros escritos sobre arquitectura madrileña, 1927-1935. Edición, introdución e notas de Humberto Huergo Cardoso (2010)

Crítica literaria[editar | editar a fonte]

  • Leyendo a San Juan de la Cruz, Garcilaso, Fr. Luis de León, Bécquer, R. Darío, J. Ramón Jiménez, Jorge Guillén, García Lorca, A. Machado, Goya, Picasso (1944)
  • Doce manos mexicanas (datos para la historia literaria). Ensayo de quirosofía (1941)
  • Los autores como actores. Y otros intereses de acá y de allá (1951)
  • Análisis de los poemas de Picasso (1996)

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • Patrañas (1921). Contos
  • La comedia de un tímido. Comedia en dos actos (1924). Drama
  • Pruebas de Nueva York (1927). Diario de viaxe
  • Locos, enanos, negros y niños palaciegos: gente de placer que tuvieron los Austrias en la corte española desde 1563 a 1700 (1939). Historia e documentación
  • Cornucopia de México (1940). Ensaio
  • Vida en claro. Autobiografía (1944)
  • Lo que sabía mi loro. Una colección folklórica infantil reunida e ilustrada por José Moreno Villa (1945)
  • José Moreno Villa, pinturas y dibujos 1924-1936 (1999)
  • Ideografías de José Moreno Villa (2007)
  • Navidad, villancicos, posadas, pastorelas (2008)
  • Medio mundo y otro medio. Memorias escogidas. (2010) Selección de artigos autobiográficos e bosquexos biográficos publicados na prensa mexicana entre 1937 e 1955
  • Memoria (2011). Recompilación de todos os seus escritos autobiográficos, algúns deles inéditos

Artigos[editar | editar a fonte]

  • Pobretería y locura (1945). Recompilación de artigos xornalísticos
  • José Moreno Villa escribe artículos (1906-1937) (1999). Colección de artigos xornalísticos
  • Temas de arte, selección de escritos periodísticos sobre pintura, escultura, arquitectura y música, 1916-1954. Edición de Humberto Huergo Cardoso (2001). Recompilación de artigos xornalísticos.
  • Medio mundo y otro medio. Memorias escogidas, Edición de Humberto Huergo Cardoso (2010). Memorias a través dos artigos que publicou na prensa mexicana entre 1937 e 1955.
  • Función contra forma y otros escritos sobre arquitectura madrileña, 1927-1935. Edición, introdución e notas de Humberto Huergo Cardoso. (2010).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brihuega Sierra, Jaime, ed. (2011). Catálogo de la exposición Forma, palabra y materia en la poética de Vallecas (en castelán). Alacante: Diputación de Alicante. ISBN 9788496979826. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Soler, Martí (2015). La casa del éxodo: los exiliados y su obra en La Casa de España y El Colegio de México. Testimonios (en castelán) (2ª ed.). Cidade de México: El Colegio de México. pp. 22–23, 210–211. ISBN 9786075640822. OCLC 1107990774. 
  3. "La biblioteca del poeta José Moreno Vila se instalará en la Residencia de Estudiantes". El País (en castelán). 24 de decembro de 1989. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]