Heinrich Wölfflin
Aparencia
(1924) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de xuño de 1864 Winterthur |
| Morte | 19 de xullo de 1945 Zürich |
| Lugar de sepultura | Wolfgottesacker (pt) |
| Relixión | Reformed (en) |
| Educación | Universidade de Múnic |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Estudo da historia da arte |
| Lugar de traballo | Múnic |
| Ocupación | historiador da arte, profesor universitario, historiador, escritor |
| Empregador | Universidade de Múnic Universidade de Basilea Universidade de Zürich Universidade Humboldt de Berlín |
| Membro de | |
| Profesores | Jacob Burckhardt, Carola Giedion-Welcker e Wilhelm Dilthey |
| Alumnos | Kate Traumann Steinitz (pt) |
| Obra | |
| Doutorando | Fritz Knapp e Otto Fischer |
| Familia | |
| Pai | Eduard Wölfflin |
| Irmáns | Ernst Wölfflin |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 11, (p.480) |
Heinrich Wölfflin (21 de xuño de 1864 - 19 de xullo de 1945) foi un soado crítico da arte suízo, considerado como un dos mellores historiadores de arte de toda Europa.
Definiu a historia da arte como unha historia independente do contexto social, económico ou relixioso a través do renacemento (século XVI) e o Barroco (século XVII). Analizou as diferenzas destes dous estilos insistindo en que a finais do século XVII produciuse unha mudanza semellante mais de sentido inverso, unha "volta atrás".
Entre os seus alumnos destácanse os historiadores Rudolf Wittkower e Sigfried Giedion e o escultor Naum Gabo.
O Barroco segundo Wölffin
[editar | editar a fonte]Wölffin, define o Barroco por cinco trazos característicos:
- A procura do movemento real, polo feito de que se constrúan edificacións con paredes onduladas e tamén a procura do imaxinario, polo feito de que se pinten personaxes quen de accións violentas.
- Intento de suxerir o infinito. Este aspecto amósase claro no lago de Versalles. Neste estilo o camiño pérdese no horizonte.
- A importancia da luz e dos seus efectos.
- O gusto pola teatralidade, polo escenográfico e fastuoso.
- A tendencia a mesturar as disciplinas artísticas.
Obras
[editar | editar a fonte]As súas obras máis notables son:
- Conceptos fundamentais para a historia da arte (1915)
- Renacemento e Barroco (1888)
- A arte clásica (1899)
- Prolégomènes à une psychologie de l'architecture (1886).