Joaquín Vaamonde Cornide
Joaquín Vaamonde Cornide en 1897, foto de Antonio Portela Paradela. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1872 A Coruña, España |
Morte | 18 de agosto de 1900 (28 anos) Pazo de Meirás, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Joaquín Vaamonde Cornide, nado na Coruña en 1872 e finado no Pazo de Meirás en 1900, foi un pintor galego encadrado dentro da Xeración Doente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no mundo da pintura da man do pintor compostelán Modesto Brocos, e axiña deixa a súa cidade natal para viaxar a Montevideo e Buenos Aires.[1] Volveu aos 22 anos de idade xa convertido nun artista cun estilo de seu. A finais do século XIX conseguira facerse cun nome en Madrid, en parte grazas á influencia na cidade da escritora Emilia Pardo Bazán que naquel tempo triunfaba na literatura española como escritora e como figura pública. A súa complicidade era tal que a escritora converteuno no protagonista de La Quimera, onde era retratado coma un pintor novo con talento que desprezaba o seu traballo de retratista da burguesía, desexando ser como os grandes mestres que observa no Museo do Prado. Aos 32 anos de idade morre debido á tuberculose.
Na actualidade atópase no Museo de Belas Artes da Coruña a súa obra sobranceira, destacando entre outras un retrato en pastel de Pardo Bazán e un retrato de Ramón Pérez Costales (promotor da Real Academia Galega xunto a Pardo Bazán).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Retrato de Emilia Pardo Bazán, 1894.[3]
-
Retrato de José María Colmeiro Rey, 1895, óleo-tea, 33x30cm, Pinacoteca FFdR.
-
Retrato da Condesa de Torre de Cela, 1897, Museo de Belas Artes da Coruña.
-
Retrato de Emilia Pardo Bazán, 1896, Museo de Belas Artes da Coruña.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia. p. 49.
- ↑ 2,0 2,1 Obras de Vaamonde en CERES, Ministerio de Cultura.
- ↑ Cervantes Virtual
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- García Caballero, María; "VAAMONDE CORNIDE, Joaquín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- García Iglesias, José Manuel (2012). Da fantasía á realidade: Pintura en Galicia de 1833 a 1936. Fundación Novacaixagalicia. ISBN 978-84-96982-58-1.
- López Vázquez, J. M. (1990). "El arte contemporáneo" en Enciclopedia temática de Galicia, t. V-Arte, , Nauta, Barcelona (en castelán), ISBN 84-278-1210-8 (v.5).
- ———————— (1993). Tomo XV: Arte Contemporánea. Proxecto Galicia. Hércules de Ediciones. ISBN 84-89468-11-7.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 330–331. ISBN 84-7231-603-3.
- ———————— (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. ISBN 84-85858-06-9.
- ———————— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (bilingüe) . Nigra Trea. ISBN 84-95364-15-8.
- Valle Pérez (2005). A arte galega na Colección Caixanova (en castelán). Faro de Vigo. pp. 28–31. VG-914/05.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joaquín Vaamonde Cornide |