Ramón Parada Justel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón Parada Justel
Nacemento 19 de marzo de 1871
Lugar de nacemento Esgos
Morte 13 de maio de 1902 (31 anos)
Lugar de morte Ourense
Nacionalidade galega

Ramón Parada Justel, nado en Esgos o 19 de marzo de 1871 e finado en Ourense o 13 de maio de 1902, foi un pintor galego, pertencente á chamada xeración Doente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no Instituto da capital provincial entre 1883 e 1888, para ingresar a continuación na Real Academia de San Fernando en Madrid, co número un. O proveito nos estudos artísticos fixo que a Deputación ourensá o pensionase en Roma, cidade á que chegou en 1894. Regresou a Ourense, con estancias en Esgos, dedicándose á pintura paisaxística, vida campesiña e costumes, ademais de pintura histórica e relixiosa dentro das correntes da época. Diversos organismos provinciais, como a Deputación ou o Goberno Civil adquiren obras súas. Regresou a Madrid en 1897. A enfermidade comezouno a minar en 1901, falecendo ao ano seguinte. A súa irmá cedeu algunhas das súas obras ao Museo Provincial.

Estilisticamente Parada Justel sitúase no modernismo, aínda que nalgunhas obras paisaxísticas acusa influencias do impresionismo.

A súa morte de tuberculose no 1902 con tan só 31 anos de idade, fixo que máis tarde Barreiro e Felipe Bello Piñeiro o encadrasen dentro da xeración Doente.

Obra (selección)[editar | editar a fonte]

  • Escrava romana.
  • Outra Elena pompeiana.
  • O soño de Ezequiel.
  • Entrada de Carlos V en Roma.
  • Pescador de troitas.
  • Outono no monte.
  • Outono na ribeira.
  • Retrato de Jenaro Carrero.
  • Martirio de Santa Eufemia.
  • A pega, ou La urraca(1899).
  • Zapateiro lembrando certas frases do mitin.
  • A familia do anarquista no día da execución (1899).
  • Retrato de Serafín Temes (1901).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Outra Helena pompeiana.  
O recordo das xoias.  
Retratos de Bernardino Temes.  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Parada Justel

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]