Modesto Brocos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modesto Brocos Gómez
Autorretrato.
Nacemento 9 de febreiro de 1852
Lugar Santiago de Compostela
Falecemento 28 de novembro de 1936 84 anos
Lugar Río de Janeiro
Museo Pontevedra, 6 Edificio, 02-51 Sinatura de Modesto Brocos.jpg

Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado en Río de Janeiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba en Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892.

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisino. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Olevano, 1899. Pinacoteca do Estado de São Paulo.  
Camponesa. Pinacoteca do Estado de São Paulo.  
Gravado do emperador Pedro II do Brasil  
Retrato de Rosalía.  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modesto Brocos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • José Roberto Teixeira Leite: Pintores espanhois no Brasil, São Paulo, Espaço Cultural Sérgio Barcellos, 1996 (en portugués).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]