La Quimera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

La Quimera
Autor/a Emilia Pardo Bazán
Orixe Galicia
Lingua Lingua castelá
Xénero(s) Narrativa
Data de pub. 1905

La Quimera é unha novela en lingua castelá de Emilia Pardo Bazán, publicada en 1905. En palabras da autora —no prólogo da novela— La Quimera trátase dunha sátira social cuxo propósito foi estudar "un aspecto da alma contemporánea". É unha novela psicolóxica na que o protagonista encarna un mal da época: seducido pola súa quimera, "triunfar ou morrer", destrúese como home sen realizarse como artista. A obra apareceu publicada como folletín en 1903 na revista La Lectura, aparecendo dous anos máis tarde xa completa e co prólogo explicativo.

Trama[editar | editar a fonte]

A novela trata sobre a vida do pintor Silvio Lago, que marcha a Arxentina, onde sobrevive como pode, para regresar a España coa decisión de triunfar como artista. Para iso ponse baixo a protección de Minia, unha famosa compositora que pasa o verán no seu pazo galego.

Narración[editar | editar a fonte]

É unha novela en clave, na que Pardo Bazán deixa entrever certos elementos autobiográficos á par que a súa relación co pintor galego Joaquín Vaamonde, que a retratou en varias ocasións.

Confirmando o seu criterio de que a novela debe reflectir o momento no que é escrita, poden apreciarse en La Quimera certos ecos modernistas e simbolistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]