KK Vršac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "KK Hemofarm")
KK Vršac
Vrsac, Centar Milenjum.jpg
Información xeral
Nome Košarkaški Klub Vršac
Кошаркашки клуб Вршац
Liga KLS
Fundación 1946
Historia KK Hemofarm (1992–2012)
Cores           Granate, branco
Presidente Flag of Serbia.svg Marko Ivanović
Adestrador Flag of Serbia.svg Oliver Popović
Localización
Cidade Flag of Serbia.svg Vršac, Serbia
Pavillón Millennium Center
Capacidade 5.000
Inauguración 5 de abril de 2001
Campionatos
ABA Liga 1 (2005)
kkvrsac.rs

O Košarkaški Klub Vršac (en serbio: Кошаркашки клуб Вршац) é un club de baloncesto profesional da cidade de Vršac, Voivodina (Serbia). Compite na KLS serbia. O club posúe tamén unha sección feminina, que tamén compite na máxima categoría nacional. O seu pavillón é o Millennium Center, que conta con capacidade para 5.000 espectadores.[1] O único título conseguido polo club até o momento foi unha Liga do Adriático en 2005. A súa maior época de esplendor foi coñecido co nome de KK Hemofarm por motivos de patrocinio.

Historia[editar | editar a fonte]

O club naceu en 1946 baixo o nome de "Jedinstvo", mais non conseguiu competir nas máximas competicións nacionais (nivel nacional iugoslavo) até 1959, cun nome diferente: "Mladost". Por motivos de patrocinio o club troca o seu nome polo de "Inex Brixol" en 1967, e "Agropanonija" en 1968. En 1977 o club pasa a competir baixo o nome da cidade "Vršac". Iso será até 1981, cando por mor dun novo patrocinio con "Inex Hemofarm, o nome do club troca polo de "Inex Vršac".

En 1982, o club participa por primeira vez na Liga de Voivodina, e na tempada 1986-87 ascende á "B-League" logo de acadar a primeira praza nesa competición. En 1992, o grupo Hemofarm convértese no principal patrocinador, e en 1998 o club finaliza no primeiro lugar da "B-League", ascendendo á YUBA Liga, a máxima categoría nacional. No ano 2000 o club finaliza na cuarta praza na liga e consegue polo tanto unha praza para disputar a Copa Korać na tempada seguinte.

No 2005 chegou o primeiro, e até o de agora único título importante do club, ao proclamarse campión da Liga do Adriático tras gañar na final ao KK Partizan por 89 a 76, e tendo finalizado tamén a liga regular ese ano na primeira posición, cun balance de 22 vitorias e 8 derrotas. O Hemofarm disputou novamente a final da Liga do Adriático na tempada 2007-08, perdéndoa fronte ao Partizan por 69 a 51.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Millennium Center.

O Millennium Center (ou Millennium Hall) é un pavillón deportivo é un centro de negocios situado na cidade de Vršac, e que acolle os partidos como local do Hemofarm. O Millennium Center acolleu tamén algúns encontros do Eurobasket 2005 durante o mes de setembro, concretamente do grupo A da fase preliminar onde se enfrontaron as seleccións de Rusia, Alemaña, Italia e Ucraína. A súa capacidade é de 5.000 espectadores.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

KK Vršac 2010-2011
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
E 4 Flag of Serbia.svg Dangubić, Nemanja 2.01 m (6 ft 7 in)
E 5 Flag of Serbia.svg Lambić, Petar 1.96 m (6 ft 5 in)
AP 7 Flag of Montenegro.svg Maraš, Ivan 2.06 m (6 ft 9 in)
A 8 Flag of Serbia.svg Krstić, Nemanja 2.06 m (6 ft 9 in)
AP 9 Flag of Serbia.svg Mitrović, Luka 2.03 m (6 ft 8 in)
B 10 Flag of Serbia.svg Otašević, Nikola 1.8 m (5 ft 11 in)
P 12 Flag of Serbia.svg Gagić, Đorđe 2.11 m (6 ft 11 in)
E 13 Flag of Serbia.svg Šutalo, Marko 1.93 m (6 ft 4 in)
AP 14 Flag of Serbia.svg Savović, Boris 2.06 m (6 ft 9 in)
P 15 Flag of Serbia.svg Pantić, Mladen 2.11 m (6 ft 11 in)
E 20 Flag of Serbia.svg Jeremić, Mladen 1.98 m (6 ft 6 in)
E 23 Flag of Serbia.svg Milošević, Đorđe 1.98 m (6 ft 6 in)
AP 33 Bosnia e Hercegovina Nešović, Aleksej 1.88 m (6 ft 2 in)
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of Serbia.svg Dušan Gvozdić
  • Flag of Serbia.svg Goran Topić
Adestrador(es) físico(s)
  • Flag of Serbia.svg Predrag Zimonjić
Corpo médico
  • Flag of Serbia.svg Milorad Miljević
  • Flag of Serbia.svg Velibor Kosanović

Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 19-12-2011

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]