Intocable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Intouchables")
Intocable
Nakache Omar Sy Toledano Lumières 2012.jpg
Ficha técnica
Título orixinal Intouchables
Director Olivier Nakache
Éric Toledano
Produtor Nicolas Duval-Adassovsky
Laurent Zeitoun
Yann Zenou
Guión Olivier Nakache
Éric Toledano
Intérpretes François Cluzet
Omar Sy
Música Ludovico Einaudi
Fotografía Mathieu Vadepied
Montaxe Reynald Bertrand
Distribuidora Gaumont
Estrea Donostia: 23 de setembro de 2011
Francia 2 de novembro de 2011
Galicia 25 de decembro de 2015 (TVG)
Duración 113 minutos
Orixe Flag of France.svg Francia
Xénero Comedia, Drama
Orzamento €9 500 000
Recadación €346 000 000[1]

Intocable (en francés: Intouchables) é un filme francés dirixido por Olivier Nakache e Éric Toledano que foi estreado no 2011. Está protagonizado por François Cluzet e Omar Sy. A historia está baseada en feitos reais. Estreouse en galego na TVG o 25 de decembro de 2015.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Philippe, un aristócrata que ficou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal acabado de saír do cárcere. Aínda que, a primeira vista, non semella a persoa máis indicada, os dous acaban logrando que convivan Vivaldi e Earth, Wind & Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, pouco a pouco, conxenian ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wulfmansworld.com (ed.). "Die weltweit erfolgreichsten Kinofilme aller Zeiten - Top 256". Consultado o 29 de decembro de 2013. 
  2. Crtvg Galicia (ed.). "Intocable na TVG". Consultado o 3 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]