Hyaena hyaena
Hyaena hyaena Hiena raiada / Hiena riscada Rango fósil: plistoceno medio – actualidade | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Hyaena hyaena (Linnaeus, 1758) [2] | |||||||||||||||||||||||||
Distribución da hiena raiada
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Hyaena hyaena, coñecida en galego como hiena raiada ou hiena riscada, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos hiénidos.[4]
É un dos membros máis estendidos da súa familia, xa que se distribúe por boa parte de África, Oriente Medio (incluíndo Turquía), Paquistán e algunhas zonas da India. En Europa está extinta.[3]
Non se recoñecen subespecies.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Canis hyaena,[2] sendo posteriormente reclasificada no xénero Hyaena, que fundara o zoólogo frsncés Mathurin Jacques Brisson en 1762.
Aínda que como quedou dito hoxe non se recoñecen subespecies, ao longo do tempo si se recoñeceron varias, como:
- Hyaena hyaena barbara de Blainville, 1844
- Hyaena hyaena hyaena (Linnaeus, 1758)
hoxe consideradas como sinónimos de Hyaena hyaena.[5][6][7]
Características
[editar | editar a fonte]A súa pelaxe é de co parda agrisada, con franxas negras diagonais nas patas e verticais nos flancos do corpo. Presenta unha crina escura que vai desde a caluga até unirse coa peluda e abrancazada cola.
Mide de 95 cm a 1,20 m de lonxitude, e alcanza de 65 a 80 cm de Altura na cruz. O seu peso varía de 25 a 35 kg para as femias e de 35 a 45 kg para os machos.
Os cuartos dianteiros son un pouco máis longos que os traseiros, as orellas son grandes e case sempre están erectas e orientadas cara a adiante. Posúe unhas mandíbulas moi fortes que lle permiten romper ósos e esgazar duros pelellos de cadáveres, os cales son parte importante da súa dieta.
Forma grupos cando se reproduce e noutras ocasións, pero normalmente é solitaria.
Su fórmula dentaria é: 3.1.4.1 / 3.1.3.1 x 2 = 34.[8]
Hábitat e alimentación
[editar | editar a fonte]Habita sobre todo en sabanas e bosques abertos, e en menor medida tamén poboa algúns desertos.
Aliméntase de donicelas, roedores, ovos, paxaros, prea de grandes herbívoros, lixo, monos e crías de ovellas e outros ruminantes, incluso pode matar presas grandes, como cebras e ñus adultos.
Relación con outros carnívoros
[editar | editar a fonte]Debido aos hábitos deste animal de saciarse aproveitando as presas matadas por outros depredadores é inevitábel a confrontación con estes.
Dependendo da zona, as hienas raiadas poden librar batallas con outras especies de hienaa, lobos, leóns, guepardos e leopardos, entre outros, aínda que non adoitan estas loitas acabar en morte.
Na India, onde a hiena raiada rivaliza mesmo co tigre), algúns tigres xuvenís morren en loitas con estas hienas.
As hienas raiadas carecen de depredadores naturais, pero polos motivos mencionados en ocasións morren nas pelexas con outros carnívoros.
Lonxevidade
[editar | editar a fonte]A hiena riscada pode vivir de 20 a 25 anos na natureza, e até os 40 anos nos zoos.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A UICN cualificou en 2008 o seu estado de conservación da especie como NT (algo preocupante), cualificación que se mantén na actualidade.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Hyaena hyaena camiñando.
-
Hyaena hyaena deitada.
-
Dúas hienas raiadas pelexando.
-
Cabeza de hiena raiada de perfil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Arumugam, R.; Wagner, A. & Mills, G. (2008): Hyaena hyaena Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine. en IUCN 2010. Lista vermella de especies amenazadas da UICN. Version 2010.1. Consultada o 20 de marzo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Linnæus, Carl (1758):Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I (10ª ed.) Holmiæ (Estocolmo): Laurentius Salvius, p. 40. Consultada o 20 de marzo de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Wilson & Reeder (eds.) (2005): Hyaena hyaena Linnaeus, 1758 en Mammal Species of the World.
- ↑ Wilson & Reeder (eds.) (2005): Hyaenidae Gray, 1821 en Mammal Species of the World.
- ↑ Hyaena hyaena Linnaeus, 1758 Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. en Species 2000 SIIT. Catalogue of Life: 18th March 2015. (en castelán) Consultada o 20 de marzo de 2015.
- ↑ Hyaena hyaena no SIIT. (en inglés) Consultada o 20 de marzo de 2015.
- ↑ Hyaena hyaena en Arctos.database (en inglés). Consultada o 20 de marzo de 2015.
- ↑ Nowak, Ronald M. (1999): Walker's mammals of the world. Volume 2, 6ª edición. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hyaena hyaena |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hyaena hyaena |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fosse, P. (1995): Le rôle de l'hyène dans la formation des associations osseuses: 150 ans de controverses. Paleo, 7 (1): 49-84.
- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Heptner, V. G. & Sludskii, A. A. (1992): Mammals of the Soviet Union: Carnivora (hyaenas and cats), Volume 2. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Libraries and National Science Foundation. Ver texto completo.
- Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Mills, Gus & Hofer, Heribert (1998): Hyaenas: status survey and conservation action plan. IUCN/SSC Hyena Specialist Group. ISBN 2-8317-0442-1.
- Pocock, R. I. (1941): Fauna of British India: Mammals Volume 2 Taylor and Francis.
- Rosevear, Donovan Reginald (1974): The carnivores of West Africa. Londres: Trustees of the British Museum (Natural History). ISBN 0-5650-0723-X.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds). (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference]]. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hyaena hyaena en ADW (en inglés). Abundante información. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Hyaena hyaena en UICN (en inglés) Abundante información. Consultada o 20 de marzo de 2015.
- Striped hyaena (Hyaena hyaena) en Arkive (en inglés) Abundante información e imaxes. Consultada o 20 de marzo de 2015.