Crina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Crinas do pescozo dun cabalo.
Crinas da cola dun cabalo.
O ñu, un mamífero con crinas.

Denomínase crina[1] ao pelo, longo e groso que crece no pescozo de varios mamíferos como, por exemplo, o cabalo. Neste último caso, tamén reciben ese nome os pelos da súa cola.

As crinas poden ser moi ríxidas ou pola contra moi finas e flexíbeis; nos cabalos, o pelo da melena é polo xeral máis suave e curto que o da cola.

Nestes animais a textura da crina pode depender da raza e a crianza do cabalo, incluídas condicións tales como a alimentación ou o clima.

Usos[editar | editar a fonte]

Ás crina dáselle varios usos, incluídos a fabricación de tapizarías, pinceis, arcos de instrumentos musicais, un tipo de tea rústica a base de pelo, e tamén un tipo de material de recubrimento de ambientes antigamente utilizado na industria da construción e que na actualidade é posíbel observar en certos edificios antigos.

A crina é unha fibra de proteínas que absorbe a auga lentamente, pero que se pode tinxir utilizando tinturas tradicionais adecuadas para fibras de proteínas. Incluso pódense facer con elas feltro, aínda que non é moi doado.[2]

O procesamento tamén pode afectar á súa calidade e sensación ao tacto.

En Galicia[editar | editar a fonte]

En varias localidades do territorio galego onde existen poboacións de cabalos asilvestrados, ceibos polos montes, e que impropiamente se chaman moitas veces cabalos salvaxes, xa que este termo emprégase para describir cabalos que nunca foron domesticados), celébranse desde tempos inmemoriais (e hoxe constitúen festas de grande atractivo turístico), as rapas das bestas, nas que se curtan as crinas dos cabalos para despois vendelas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]