Herbario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Exemplar de herbario de Vitellaria paradoxa adecuadamente montada nunha folla de papel, coa súa etiqueta de identificación.

En botánica, un herbario[1] (do latín herbarium)[2] é unha colección de plantas ou de partes de plantas, secadas, conservadas da mellor maneira posíbel,[2] identificadas e acompañadas de información crítica como a identidade do recolector, o lugar e a data da recolección e o hábitat onde se encontraba a planta.

Funcións e características[editar | editar a fonte]

A súa función é a do estudo ou a ensinanza da botánica.[2] Aínda que primariamente se chamaba herbario a colección de plantas secas, hoxe tamén se coñece como herbario o espazo onde se encontra esta colección e á institución que a xestiona. As grandes coleccións adoitan residir en institucións de investigación, como xardíns botánicos e departamentos universitarios, e baséanse no traballo recolector dos seus investigadores, ao que se suma o froito de frecuentes intercambios con institucións parecidas.

A confección dun herbario persoal é, ademais, unha ferramenta didáctica na educación botánica, útil non só por ofrecer unha base material para o estudo da diversidade das plantas, senón tamén pola experiencia que achega recoller as mostras no seu ambiente. Os maiores herbarios conteñen pregos procedentes de todo o mundo, pero existen tamén herbarios rexionais, especializados na flora dunha parte do mundo.[3]

Sobre o material vexetal depositado nos herbarios fundaméntase unha parte importante da investigación botánica, sobre todo aquela referida á taxonomía, aínda que tamén es útil para estudos florísticos, bioxeográficos e, incluso, moleculares. O material do herbario é a testemuña das citas de plantas, das descricións das mesmas e dos materiais utilizados para propoñer novos taxons. O tipo nomenclatural ou espécime particular ou grupos de espécimes dun organismo do que se fai unha descrición científica que xustifica o nome científico dunha especie, é, na maioría dos casos, unha planta seca, depositada e conservada nun herbario.[4][5]

Historia[editar | editar a fonte]

Este concepto de herbario é relativamente moderno. De feito, nos séculos XV e XVI, a palabra "herbario" tiña unha dupla acepción diferente ás actuais. En primeiro lugar utilizábase para designar un libro no que se enumeraban, describían e ilustraban principalmente plantas medicinais e os seus usos. En segundo lugar, tamén se utilizaba o termo "herbario" para referirse a un conxunto de plantas vivas cuxo propósito era o estudo ou o ensino da botánica.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para herbario.
  2. 2,0 2,1 2,2 Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3, p. 558
  3. Victor, J. E.; M. Koekemoer, L. Fish, S. J. Smithies & M. Mössmer [2004): Introduction Herbarium essentials: the southern African herbarium user guide. Introduction. Southern African Botanical Diversity Network. ISBN 1-9199-7601-9.
  4. Herbario de la Universidad de Salamanca Introducción Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 9 de xullo de 2020.
  5. Hitchcock, A. S. (1921): "The Type Concept in Systematic Botany". American Journal of Botany 8 (5): 251–255.
  6. Moreno, Efraín J. (2007): "El herbario como recurso para el aprendizaje de la botánica". Acta Bot. Venez. 30 (2): 415-427.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]