Ian Ashley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIan Ashley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Wuppertal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Ian Hugh Gordon Ashley (nado o 26 de outubro de 1947 en Wuppertal, Alemaña)[1] é un expiloto de competición británico que competiu na Fórmula 1 cos equipos Token, Williams, BRM e Hesketh.

Ashley empezou a competir en 1966 cando fixo un curso na Escola de Carreiras Jim Russell. Era rápido pero errático, e pronto gañou o alcumo de "Crashley" (xogo de palabras co seu apelido e crash, accidente en inglés).[2] Chegou á Fórmula 5000 en 1972 e foi un piloto punteiro en 1973. Fixo o seu debut na Fórmula Un en 1974, pilotou brevemente para o equipo Williams o ano seguinte. A súa sorte empeorou a mediados dos setenta na Fórmula Un. Converteríase en vítima de dous desagradables accidentes en circuítos que deixaron de utilizarse na Fórmula Un pouco despois dos seus dous accidentes. Durante 1975, no gran premio alemán en Nürburgring onde durante a práctica, estrelouse fortemente na difícil sección de Pflanzgarten e rompeu ambos nocellos, e durante a práctica para o Gran Premio do Canadá de 1977 no Circuíto de Mosport Park en 1977, pasou sobre unha fochanca, volcou o seu Hesketh, saltou a barreira e estrelouse contra unha torre da televisión. Nunca volveu competir na Fórmula Un.

En 1985 fixo o seu debut no Campionato da CART no Miami Grand Prix. Presentouse nas 500 Millas de Indianápolis de 1986 pero o coche non apareceu na pista. Con todo, participou en tres carreiras en 1986 e terminou noveno no Mid-Ohio Sports Car Course, suficiente para lograr o posto 28º no campionato. Non terminou nos seus outros dous comezos en 1986. Tamén tivo unha sóa participación na Indy Lights en Pocono Raceway e terminou sexto. Fixo unha aparición máis na CART en 1987, de novo en Miami, pero tivo problemas no tren motriz.

Logo da Fórmula Un, construíuse unha carreira como piloto de avións para executivos nos Estados Unidos. Con todo, en 1993 volou ás carreiras, pilotando un Vauxhall no British Touring Car Championship.[3] Logo disto, correu brevemente en motocicletas con [sidecar].

En novembro de 2009, competiu na Fórmula Ford por primeira vez en máis de 40 anos pilotando un Elden MK8 no Trofeo Walter Hayes en Silverstone.

Ashley é actualmente un dos moitos pilotos profesionais que levan pasaxeiros en 'coches deportivos' como parte da experiencia de Silverstone, onde se pode sentar no asento do pasaxeiro dun Lotus, Aston Martin, Lamborgini ou Ferrari, que lle leva a través dalgúns das máis famosos curvas na historia da Fórmula Un a velocidades extremadamente altas.[Cómpre referencia]

Ashley correndo unu LDS-Alfa Romeo
Ashley correndo unu LDS-Alfa Romeo


Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts.
1974 Token Racing Token RJ02 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE
14
AUT
NC
ITA NC 0
Bandeira a cadros Brabham BT42 Cosworth V8 CAN
NSC
USA
NSC
1975 Frank Williams Racing Cars Williams FW03 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE
NTS
AUT ITA USA NC 0
1976 Stanley BRM BRM P201B BRM V12 BRA
Ret
RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN NC 0
1977 Hesketh Racing Hesketh 308E Cosworth V8 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT
NSC
NED
NSC
ITA
NSC
USA
17
CAN
NTS
XPN NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Driver: Ian Ashley". ChicaneF1.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  2. "Drivers: Ian Ashley". GrandPrix.com. Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  3. "Driver: Ashley, Ian". Autocourse Grand Prix Archive. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]