Gran Premio de Bahrain de 2016
Nome oficial | 2016 Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bahrain |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 |
Distancia do evento | 57 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Bahrain (Gobernación Sur) 26°01′57″N 50°30′38″L / 26.0325, 50.510555555556 |
Lonxitude | 5,412 km |
País | Bahrain |
Data | 3 de abril de 2016 |
Competición | |
Primeiro posto | Nico Rosberg |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Nico Rosberg |
O Gran Premio de Bahrain de 2016 (oficialmente coñecido como 2016 Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix)[1]) foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 3 de abril de 2016 no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a segunda rolda da tempada 2016 de Fórmula Un e marca a duodécima vez que se celebra o Gran Premio de Bahrain como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Resumo
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Tralas numerosas críticas sobre o sistema de cualificación "eliminación" utilizado en Australia, os equipos pediron abandonar o formato e volver ao sistema utilizado entre 2006 e 2015.[2][3][4][5] Con todo, na semana logo da carreira, o "Strategy Working Group" do deporte reuniuse para votar formalmente sobre o asunto, e optou por manter o formato de "eliminación" para o Gran Premio de Bahrain, suxeito a unha revisión máis a fondo antes da próxima rolda na China.[6]
Como consecuencia da colisión con Esteban Gutiérrez no Gran Premio de Australia, os médicos da FIA prohibiron a Fernando Alonso participar na carreira pola incerteza sobre o seu estado de saúde, tiña un costela, e como resultado foi substituído polo piloto de reserva de McLaren Stoffel Vandoorne.[7] Gutiérrez recibiu un novo chasis logo de que o seu equipo. atopara que o chasis orixinal resultara demasiado danado no accidente para ser reparado.[8][9] Mentres tanto, Ferrari foi capaz de utilizar o mesmo motor que en Australia no coche de Kimi Räikkönen, malia que se incendiou logo dunha avaría no turbo. A rápida reacción de equipo evitou danos no motor de combustión, e en Bahrain só cambiaron o turbo.[10] Alfonso Celis Jr. está listo para facer a súa primeira aparición nunha sesión de Fórmula Un durante a primeira práctica libre con Force India.[11]
Pirelli forneceu tres compostos en Bahrain, entre os que elixiron os pilotos. As tres opcións para a carreira foron os compostos super-brandos, brandos e medios, o mesmo que para a rolda anterior en Australia. Os principais candidatos, Mercedes e Ferrari, optaron por estratexias diferentes na elección dos pneumáticos, Mercedes utilizou un só xogo dos pneumáticos medios máis duros, para os seus dous pilotos, mentres que Ferrari elixiu tres xogos dos pneumáticos de composto brando.[12][13]
Práctica libre
[editar | editar a fonte]Segundo o regulamento da tempada 2016 celebráronse tres sesións de prácticas, dúas sesións de noventa minutos o venres e outra sesión dunha hora antes da cualificación do sábado.[14] Durante a primeira sesión de adestramentos do venres, Mercedes estableceu un tempo ben lonxe dos seus rivais máis próximos. Nico Rosberg foi o máis rápido cun tempo de 1:32.292, máis de medio segundo máis rápido que o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton en segundo lugar. Kimi Räikkönen foi o terceiro máis rápido, aínda que case dous segundos máis lento que Rosberg. Os debutantes Stoffel Vandoorne e Alfonso Celis Jr. foron 18º e 21º respectivamente, máis lentos que os seus compañeiros de equipo. A sesión estivo marcada por un clima infrecuentemente frío, representativo das condicións de carreira que se esperaban para o domingo, que se disputou de noite. Polo tanto, moitos equipos decidiron facer cos seus coches un gran número de voltas, con dezaseis pilotos facendo vinte voltas ou máis.[15]
Rosberg foi de novo o máis rápido na segunda sesión de adestramentos o venres pola noite. O seu tempo de 1:31.001 foi un segundo e medio máis rápido que o tempo da pole position da carreira do ano anterior. Lewis Hamilton foi o segundo máis rápido, 0,241 segundos por detrás de Rosberg. McLaren logrou o seu mellor resultado nos últimos tempos, Jenson Button marcou o terceiro mellor tempo, malia que quedou a máis dun segundo do mellor tempo. Max Verstappen seguiu no cuarto, por diante dos dous Ferrari de Raikkonen e Vettel. Este último fixara o terceiro mellor tempo co composto de pneumático brando, pero os erros durante as súas voltas cos pneumáticos súper brandos significaron que non acadaría máis arriba do sexto ao final. Tivo que terminar a súa sesión quince minutos antes, cando a porca da súa roda traseira esquerda desprendeuse. Vandoorne quedou na undécima posición na súa segunda sesión, mentres que Sergio Pérez, que tomou de novo o coche de Celis, foi décimo quinto, dous postos por diante do seu compañeiro de equipo Nico Hülkenberg.[16]
Cualificación
[editar | editar a fonte]A cualificación do sábado foi disputada baixo as regulacións do "formato de eliminación" de 2016. Do mesmo xeito que en anos anteriores, o procedemento de cualificación dividiuse en tres partes, coa primeira parte (Q1) disputada durante 16 minutos e a segunda e a terceira (Q2 e Q3) con 15 e 14 minutos de duración, respectivamente. Os vinte e dous coches disputaron a primeira parte, sete pilotos quedaron eliminados en cada unha das dúas primeiras quendas da cualificación, quedando oito pilotos para competir pola pole position na Q3. Con todo, nun cambio das regras, os pilotos foron agora eliminados durante a sesión, co corredor máis lento eliminado da contenda cada noventa segundos, comezando aos sete minutos na Q1, ao seis minutos na Q2 e aos cinco minutos na Q3.[14] No inicio da Q1, todos os coches establecen a volta rápida, antes de que os mellores pilotos volvan ao pitline, deixando a pista aos que loitan pola eliminación. Felipe Nasr e Río Haryanto foron os primeiros eliminados. O seguinte foi Jolyon Palmer, Kevin Magnussen cualificou 19º, pero foi sancionado polo que tivo que comezar desde o pit lane.[17]
Na Q2, Lewis Hamilton marcou o mellor tempo, pero un erro de Nico Rosberg permitiu que Vettel colocarase segundo. Daniil Kvyat foi o primeiro piloto en ser eliminado, seguido de Button, Gutiérrez e Vandoorne. Nico Hülkenberg foi o único piloto en saír a mellorar o seu tempo, logrando pasar a Q3 no oitavo lugar, deixando a Grosjean, Max Verstappen e Carlos Sainz atrás.[17]
Os principais candidatos estableceron as súas primeiras voltas cronometradas na Q3, Hamilton cometeu un erro e saíuse na última curva, quedando detrás dos dous pilotos de Ferrari. Hülkenberg, os dous pilotos de Williams e Ricciardo foron eliminados sen facer outra volta, mentres que os catro coches máis rápidos saíron de novo. Hamilton marcou o mellor tempo rápido do circuíto de Bahrain, 1:29.493, para lograr pole position por diante de Rosberg, que foi só 0,077 segundos máis lento. A medio segundo, Vettel logrou o terceiro lugar na grella por diante do seu compañeiro Räikkönen[17][18]
Carreira
[editar | editar a fonte]Post-carreira
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:31.391 | 1:30.039 | 1:29.493 | 1 |
2 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:31.325 | 1:30.535 | 1:29.570 | 2 |
3 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:31.636 | 1:30.409 | 1:30.012 | 3 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:31.685 | 1:30.559 | 1:30.244 | 4 |
5 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 1:31.403 | 1:31.122 | 1:30.854 | 5 |
6 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:31.672 | 1:30.931 | 1:31.153 | 6 |
7 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:32.045 | 1:31.374 | 1:31.155 | 7 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:31.987 | 1:31.604 | 1:31.620 | 8 |
9 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1:32.005 | 1:31.756 | 9 | |
10 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Ferrari | 1:31.888 | 1:31.772 | 10 | |
11 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Ferrari | 1:31.716 | 1:31.816 | 11 | |
12 | 47 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 1:32.472 | 1:31.934 | 12 | |
13 | 21 | Esteban Gutiérrez | Haas-Ferrari | 1:32.118 | 1:31.945 | 13 | |
14 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 1:31.976 | 1:31.998 | 14 | |
15 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-TAG Heuer | 1:32.559 | 1:32.241 | 15 | |
16 | 94 | Pascal Wehrlein | MRT-Mercedes | 1:32.806 | 16 | ||
17 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:32.840 | 17 | ||
18 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:32.911 | 18 | ||
19 | 20 | Kevin Magnussen | Renault | 1:33.181 | PL[19] | ||
20 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1:33.438 | 19 | ||
21 | 88 | Rio Haryanto | MRT-Mercedes | 1:34.190 | 20 | ||
22 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:34.388 | 21 | ||
107% tempo: 1:37.717 | |||||||
Fonte:[20] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 57 | 1:33.34.696 | 2 | 25 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 57 | +10.282 | 4 | 18 |
3 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 57 | +30.148 | 1 | 15 |
4 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 57 | +1:02.494 | 5 | 12 |
5 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 57 | +1:18.299 | 9 | 10 |
6 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Ferrari | 57 | +1:20.929 | 10 | 8 |
7 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-TAG Heuer | 56 | +1 volta | 15 | 6 |
8 | 17 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 56 | +1 volta | 7 | 4 |
9 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 56 | +1 volta | 6 | 2 |
10 | 47 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 56 | +1 volta | 12 | 1 |
11 | 20 | Kevin Magnussen | Renault | 56 | +1 volta | PL | |
12 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 56 | +1 volta | 17 | |
13 | 94 | Pascal Wehrlein | MRT-Mercedes | 56 | +1 volta | 16 | |
14 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 56 | +1 volta | 21 | |
15 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 56 | +1 volta | 8 | |
16 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 56 | +1 volta | 18 | |
17 | 88 | Rio Haryanto | MRT-Mercedes | 56 | +1 volta | 20 | |
Ret | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso-Ferrari | 29 | 11 | ||
Ret | 21 | Esteban Gutiérrez | Haas-Ferrari | 10 | 13 | ||
Ret | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 6 | Unidade de potencia | 14 | |
NTS | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 0 | Motor | — | |
NTS | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 0 | Hodráulica | — | |
Fonte:[21] |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en negra indica que aínda ten unha oportunidade teórica de converterse en campión do mundo.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2016 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix". formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ Morlidge, Matthew (19 de marzo de 2016). "New qualifying format slammed as 'unacceptable' and 'embarrassing'". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Benson, Andrew (19 de marzo de 2016). "Lewis Hamilton on pole position in Australia after new F1 qualifying". BBC Sport (Melbourne: BBC). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Johnson, Daniel (19 de marzo de 2016). "Bernie Ecclestone vows to scrap new Formula One qualifying system after Australian Grand Prix farce". The Daily Telegraph (Melbourne: Telegraph Media Group). Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Parkes, Ian; Freeman, Glenn (19 de marzo de 2016). "Bernie Ecclestone declares F1's new qualifying format 'pretty crap'". autosport.com. Consultado o 19 de marzo de 2016.
- ↑ Parkes, Ian (24 de marzo de 2016). "F1 gives elimination qualifying system reprieve for the Bahrain GP". Autosport.com. Haymarket Media Group. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2016.
- ↑ Pablo, Elizalde (31 de marzo de 2016). "Alonso will not race in the Bahrain GP". Motorsport.com. Motorsport Network, LLC. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ Zimmermann, Ruben (28 de marzo de 2016). "Haas in Bahrain: Neues Chassis für Esteban Gutierrez". motorsport-total.com (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2016.
- ↑ "Bahrain Grand Prix: Fernando Alonso to use new power unit". BBC Sport (BBC). 30 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2016.
- ↑ Barretto, Lawrence (30 de marzo de 2016). "Quick response saved Raikkonen's Ferrari F1 engine in Australia". Autosport.com. Haymarket Media Group. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2016.
- ↑ Parkes, Ian (24 de marzo de 2016). "Alfonso Celis Jr gets F1 practice run in Bahrain with Force India". Autosport.com. Haymarket Media Group. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016.
- ↑ Freeman, Glenn (22 de marzo de 2016). "Mercedes and Ferrari take different F1 tyre splits for Bahrain GP". Autosport.com. Haymarket Media Group. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016.
- ↑ "Pirelli reveal driver tyre choices for Bahrain". formula1.com. ormula One World Championship Limited. 22 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016.
- ↑ 14,0 14,1 "Practice and qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2016.
- ↑ Parkes, Ian (1 de abril de 2016). "Nico Rosberg leads Mercedes one two in first F1 practice in Bahrain". Autosport.com. Haymarket Media Group. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016.
- ↑ Barretto, Lawrence (1 de abril de 2016). "Nico Rosberg on top again in second Bahrain Grand Prix practice". Autosport.com. Haymarket Media Group. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Collantine, Keith (2 de abril de 2016). "Hamilton claims pole with “sexy” record-breaking lap". F1Fanatic. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ Galloway, James (2 de abril de 2016). "Bahrain GP Qualifying: Lewis Hamilton aces final lap for pole". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ Kevin Magnussen iniciara a carreira desde o pit lane como sanción por non parar para un pesaxe obrigatorio durante os adestramentos libres 2.
- ↑ "Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 2 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 2 de abril de 2016.
- ↑ "2016 Bahrain Grand Prix Race – Provisional Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 03 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bahrain de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 2016 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2016 |
Carreira seguinte: Gran Premio da China de 2016 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bahrain de 2015 |
Gran Premio de Bahrain | Carreira seguinte: Gran Premio de Bahrain de 2017 |