Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Globos de Ouro son uns premios cinematográficos celebrados a principios de cada ano nos Ánxeles e outorgado pola Asociación da Prensa Estranxeira de Hollywood. A data dos filmes corresponden coa data de estrea en Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de 1974, o premio outorgábase de forma descontinua, e con varios filmes honrados cada ano[1] e o premio era coñecido como Globo de Ouro ao Mellor Filme Estranxeiro, o que significaba que podía ser galardoado calquera premio non estadounidense. Dende esa data e, ata 1984, tivo diferentes denominacións e criterios de selección:

  • Mellor película estranxeira (1949-1950, 1955-1958, 1974-1986): películas estranxeiras en Estados Unidos en calquera idioma.
  • Premio Internacional Samuel Goldwyn (1959-1965).
  • Mellor película estranxeira en lingua non inglesa (1966-1973): películas estranxeiras Estados Unidos con diálogos en idiomas diferentes ao inglés.
  • Mellor película estranxeira en lingua inglesa (1966-1973): películas estranxeiras a Estados Unidos en inglés.

A partir de 1987[editar | editar a fonte]

En 1987, cambiouse o nome polo de Mellor Filme en Lingua Estraxeira, polo que os filmes en lingua non inglesa eran elixibles. Ademais, o cambio fixo que filmes estadounidenses noutras linguas puidesen ser elixidos, como o gañador Cartas de Iwo Jima e os candidatos Apocalypto, The Kite Runner e In the Land of Blood and Honey.

O país máis gañador na categoría é o Reino Unido, con sete filmes. Os máis gañadores dende o cambio de 1987 son España e Francia.

Gañadores do Globo de Ouro á mellor película de fala non inglesa[editar | editar a fonte]

Ano Filme Director País
2022 Argentina, 1985[2] Santiago Mitre Arxentina
2021 Doraibu mai kā[3] Ryusuke Hamaguchi Xapón
2020 Gisaengchung Bong Joon-ho Corea do Sur
2019 Roma Alfonso Cuarón México
2018 Aus dem Nichts Fatih Akin Alemaña/Francia
2017 Elle Paul Verhoeven Francia
2016 Saul fia[4] László Nemes Hungría
2015 Leviathan Andrey Zvyagintsev Rusia
2014 La grande bellezza[4] Paolo Sorrentino Italia
2013 Amour[4] Michael Haneke Austria
2012 Jodái-e Náder az Simin[4] Asghar Farhadi Irán
2011 Hævnen[4] Susanne Bier Dinamarca
2010 Das weiße Band Michael Haneke Austria
2009 Vals im Bashir Ari Folman Israel
2008 Le Scaphandre et le Papillon Julian Schnabel Francia
Estados Unidos
2007 Cartas de Iwo Jima Clint Eastwood Estados Unidos
2006 Paradise Now Hany Abu-Assad Países Baixos
Palestina
2005 Mar adentro[4] Alejandro Amenábar España
2004 Osama Siddiq Barmak Afganistán
2003 Hable con ella Pedro Almodóvar España
2002 Ničija zemlja[4] Danis Tanovic Bosnia e Hercegovina
2001 Wò hǔ cáng lóng[4] Ang Lee Taiwán
2000 Todo sobre mi madre[4] Pedro Almodóvar España
1999 Central do Brasil Walter Salles Brasil
1998 Ma vie en rose Alain Berliner Bélxica
1997 Kolja[4] Jan Svěrák República Checa
1996 Les Misérables Claude Lelouch Francia
1995 Farinelli, il castrato Gérard Corbiau Bélxica
1994 Bawang Bieji Chen Kaige China
1993 Indochine[4] Régis Wargnier Francia
1992 Europa Europa Agnieszka Holland Alemaña
1991 Cyrano de Bergerac Jean-Paul Rappeneau Francia
1990 Cinema Paradiso[4] Giuseppe Tornatore Italia
1989 Pelle Erobreren[4] Bille August Dinamarca
1988 Mit liv som hund Lasse Hallström Suecia
Mellor película extranxeira
1987 De aanslag[4] Fons Rademakers Países Baixos
1986 La historia oficial[4] Luis Puenzo Arxentina
1985 A Passage to India David Lean Reino Unido
1984 Fanny e Alexander[4] Ingmar Bergman Suecia
1983 Gandhi Richard Attenborough India
1982 Chariots of Fire Hugh Hudson Reino Unido
1981 Tess Roman Polanski Francia
1980 La cage aux folles Edouard Molinaro Francia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Best Foreign Language Film". goldenglobes. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2009. Consultado o 2010-10-19. 
  2. Redacción (12 de xaneiro de 2023). "“Argentina 1985″ ganó en los Globos de Oro y Ricardo Darín recordó el triunfo en el Mundial". elcomercio.pe (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  3. Bahiana, Ana Maria (23 de decembro de 2021). "Winners Circle 2022: Drive My Car (Japan)". goldenglobes.com (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 Esta película tivo tamén o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa