Lasse Hallström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lasse Hallström
Lena Olin and Lasse Hallström at the Berlin International Film Festival 2013.jpg
Lasse Hallström e Lena Olin no Festival de Berlín en 2013
Nome completoLars Sven Hallström
Nacemento2 de xuño de 1946 (72 anos)
LugarEstocolmo, Suecia
NacionalidadeSuecia Suecia
Cónxuxe(s)Malou Hallström (1974-1981)
Lena Olin (1994-actualidade)
ProfesiónDirector, guionista
editar datos en Wikidata ]

Lars Sven "Lasse" Hallström ([ˈla.ˈsɛ ˈhal.ˈstrœm]), nado en Estocolmo o 2 de xuño de 1946 e un director e guionista sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hallström naceu en Estocolmo, Suecia. O seu pai era dentista[1] e a súa nai a escritora Karin Lyberg (1907–2000). O seu avó materno, Ernst Lyberg foi o Ministro de Finanzas do primeiro gabinete de Carl Gustaf Ekman (1926–1928) e líder do Partido Liberal de Suecia (1930–1933).

Hallström asistiu á escola de música de Adolf Fredrik en Estocolmo.[2] Destacou o 1973, dirixindo a serie cómica "Pappas pojkar" para a televisión sueca. A colaboración cos actores Magnus Härenstam e Brasse Brännström foi frutífera e colaboraron frecuentemente durante este período. Aprendeu o oficio coa realización de videoclips, particularmente para o grupo ABBA.

Tralo éxito internacional de A miña vida coma un can (1985), polo que foi candidato aos Óscar ao mellor director e guión, comezou a traballar no cinema estadounidense. O seu primeiro grande éxito en Hollywood foi What's Eating Gilbert Grape (1993).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.filmreference.com/film/72/Lasse-Hallstroem.html
  2. Westrin, Stefan (10 de outubro de 2014). "Lars Erik Brännström". Fokus. Consultado o 6 de decembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]