Tess (filme de 1979)
Tess | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tess |
Director | Roman Polanski |
Produtor | Claude Berri |
Guión | Gerard Brach John Brownjohn Roman Polanski |
Baseado en | Tess of the d'Urbervilles por Thomas Hardy |
Intérpretes | Nastassja Kinski Peter Firth Leigh Lawson |
Música | Philippe Sarde |
Fotografía | Ghislain Cloquet Geoffrey Unsworth |
Montaxe | Alastair McIntyre Tom Priestley |
Estudio | Renn Productions Timothy Burrill Productions SFP |
Distribuidora | Columbia-EMI-Warner Distributors (Reino Unido)[1] AMLF (Francia)[2] |
Estrea | 31 de outubro de 1979 |
Duración | 186 minutos |
Orixe | Reino Unido Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 12 millóns de dólares (est.) |
Recadación | 20,1 millóns de dólares |
Na rede | |
Tess é un filme franco-británico de 1979 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Nastassja Kinski, Peter Firth e Leigh Lawson. É unha adaptación da novela de Thomas Hardy Tess of the d'Urbervilles (1891).[3] O guión foi escrito por Gérard Brach, John Brownjohn e Roman Polanski. O filme recibiu críticas positivas logo da súa estrea e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor filme, e gañando nas categorías de mellor fotografía, mellor deseño de produción e mellor deseño de vestiario.
Estreouse en galego o 8 de febreiro de 2023 a través da TVG.[4][5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia ten lugar nos condados rurais de Dorset, Inglaterra durante a época vitoriana. A acción desencadéase cando, de maneira inocente, o crego dunha aldea, Parson Tringham (Tony Church), lle revela a John Durbeyfield (John Collin), un honrado granxeiro, que os "Durbeyfields" son realmente descendentes dos d’Urbervilles, unha nobre familia case extinguida cuxa liñaxe se remonta até a época de Guillerme o Conquistador. Esta información semella inútil xa que a familia perdeu as súas terras e o seu prestixio cando morreron os herdeiros varóns. O crego simplemente pensa que a Durbeyfield lle gustaría coñecer as súas orixes como curiosidade histórica.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Nastassja Kinski como Tess Durbeyfield (acreditada como "Nastassia Kinski")
- Peter Firth como Angel Clare
- Leigh Lawson como Alec Stokes-d'Urberville
- John Collin como John Durbeyfield
- Rosemary Martin como Mrs. Durbeyfield
- Carolyn Pickles como Marian
- Richard Pearson como Vicar of Marlott
- David Markham como Reverendo Clare
- Pascale de Boysson como Mrs. Clare
- Suzanna Hamilton como Izz Huett
- Caroline Embling como Retty
- Tony Church como Parson Tringham
- Sylvia Coleridge como Mrs. d'Urberville
- Fred Bryant como Dairyman Crick
- Tom Chadbon como Cuthbert Clare
- Arielle Dombasle como Mercy Chant
- Dicken Ashworth como Farmer Groby
- Lesley Dunlop como rapaza
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tess (1979)". BBFC. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ "Tess (1979)". UniFrance. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ Variety film review; 7 de novembro de 1979.
- ↑ @AntRubal (ed.). "Tess en galego na TVG". Consultado o 14 de febreiro de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.